Rodesia do Norte

Rodesia do Norte,[1][2] na actualidade Zambia, foi unha colonia británica formada en 1911 e controlada pola Compañía Británica de África do Sur ata 1923. Dende 1924, o territorio pasou a ser un protectorado, mentres que a colonia veciña de Rodesia do Sur obtiña a autonomía, pero aínda como territorio da coroa. A razón deste cambio foi a intención de Cecil Rhodes de xuntar as dúas Rodesia coa entón Unión Surafricana. En 1953, Rodesia do Norte uniuse a Rodesia do Sur e a Niasalandia (actual Malaui no que os británicos chamaron Federación de Rodesia e Niasalandia, que durou ata 1963, dando paso á independencia de Zambia, o 24 de outubro de 1964.

Protectorate of Northern Rhodesia
Protectorado de Rodesia do Norte
1924–1964
Bandeira Escudo
Himno: God Save the Queen
Capital Lusaka
Lingua Inglés
Goberno Colonia británica
Historia
 • Establecido 1924
 • Recoñecemento da independencia 1964
Moeda Libra

As capitais foron primeiro Livingstone e logo Lusaka.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rodesiano.
  2. Véxase a entrada de «Zambia». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 2250. ISBN 9788482893600. En 1924 converteuse no protectorado británico de Rodesia do N. 

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.