Lusaca

(Redirección desde «Lusaka»)

Lusaca, en inglés Lusaka, é a capital do país africano de Zambia, cunha poboación que superaba os 2 000 000 habitantes en 2005. Está situada ao sur do país, nun planalto de 1.300 metros de altitude.

Modelo:Xeografía políticaLusaca
Lusaka (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 15°25′S 28°17′L / -15.42, 28.28
EstadoZambia
ProvinciasProvincia de Lusaca Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.467.563 (2017) Editar o valor en Wikidata (6.854,34 hab./km²)
Xeografía
Superficie360 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.279 m Editar o valor en Wikidata
Creación1905 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoChilando Chitangala (en) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+02:30 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico02 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kigali
Dushanbe (1966–)
Os Ánxeles (1968–)
Ijevsk (pt) Traducir (1999–)
Białystok (2014–) Editar o valor en Wikidata

Páxina weblcc.gov.zm Editar o valor en Wikidata

Lusaca foi fundada en 1905 por colonos europeos da cando a construción da vía férrea. En 1935 substituíu a cidade de Livingstone en tanto que capital do que entón se denominaba Rodesia do Norte, colonia da Gran Bretaña. En 1964, ano da independencia de Zambia, pasou a ser a capital do novo estado.

Historia

editar

Lusaca foi fundada en 1905 por colonos europeos, sobre a localización dunha aldea de indíxenas. Grazas á vantaxe da súa localización central, converteuse, en 1935, na capital de Rodesia do Norte, no canto de Livingstone. Logo da federación das dúas Rodesias, a do Norte e a do Sur, en 1953, foi núcleo dun movemento de desobediencia civil que levaría á creación do estado independente de Zambia. En 1964, pasou automaticamente a ser a capital do estado xa indepedente de Zambia. Recentemente, Lusaca estase a converter nun centro popular para a maioría do zambianos e dos turistas. A súa situación central xunto coa extensión rápida das súas infraestruturas, permitiu o desenvolvemento en forma de creación de emprego, multiplicación das vivendas etc. En consecuencia, cóidase que con reformas económicas axeitadas e eficaces, Lusaca, así como Zambia, poderíanse desenvolver considerabelmente. Lusaca posúe unha forte concentración de poboación estranxeira, que traballan tanto nas industrias da cidade como nas diversas legacións diplomáticas.

Estrutura urbanística

editar

A principal arteria viaria da cidade é a Cairo Road (Estrada do Cairo), en torno á cal se aliñan os mercados de New City Market e Kamwala Market, centros comerciais, e o Zintu Community Museum. A área administrativa áchase sita na parte leste da cidade, preto da zona de Cathedral Hill e Ridgeway. Arredor da urbe despréganse numerosos suburbios, como Elizabetha Villa, Fairview, Kabulonga, Kabwata (no que se sitúa o Kabwata Cultural Centre), Madras, Manda Hill (sede de importantes estruturas comerciais), Northmead (con sona pola súa vida nocturna), Olympia Park, Rhodes Park, Roma, Thorn Park e Woodlands.

Lugares de interese

editar

Entre os lugares de interese cultural e turístico de Lusaca pódense sinalar os numerosos museos (os principais son o Lusaca National Museum, o Political Museum e o Zintu Community Museum), a Estatua da Liberdade, a sede do parlamento de Zambia (Zambian National Assembly), a fabrica de cerámicas Moore, a catedral da Santa Cruz (Holy Cross Cathedral) e os Xardíns botánicos do Munda Wanga Environmental Park.

A cidade é relativamente rica en estruturas recreativas, que inclúen, entre outras, un teatro (Lusaca Playhouse), un cinema, un club de golf, un centro deportivo (Lusaca Central Sports Club) e un zoo.

Comunicacións

editar
 
Hora-punta na Cairo Road

Lusaca é o centro de comunicacións do país. Hai estradas en dirección a todas as capitais provinciais de Zambia. Ten comunicacións ferroviarias con Livingstone, Ndola, Kasama e Nakonde. O Aeroporto Internacional de Lusaca, con enlaces internacionais, dista 26 quilómetros do centro da cidade.

Véxase tamén

editar