Edgar Lungu

político zambiano

Edgar Chagwa Lungu, nado en Ndola o 11 de novembro de 1956, é un avogado e político zambiano que foi presidente de Zambia, desde o 25 de xaneiro de 2015 até o 24 de agosto de 2021.

Infotaula de personaEdgar Lungu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Edgar Chagwa Lungu Editar o valor em Wikidata
11 de novembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Ndola (Rodesia do Norte) Editar o valor em Wikidata
Presidente de Zambia
25 de xaneiro de 2015 – 24 de agosto de 2021
← Guy ScottHakainde Hichilema →
Justice Minister of Zambia (en) Traducir
28 de agosto de 2014 – 25 de xaneiro de 2015
Minister - Defense (en) Traducir
24 de decembro de 2013 – 25 de xaneiro de 2015
← Geoffrey Bwalya Mwamba (en) TraducirDavies Chama (en) Traducir →
Minister of Internal Affairs (en) Traducir
9 de xullo de 2012 – 24 de decembro de 2013
Membro da Assembleia Nacional da Zâmbia (pt) Traducir
2011 – 25 de xaneiro de 2015
Circunscrición electoral: Chawama (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeZambia Editar o valor em Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Zâmbia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFrente Patriótica (Zâmbia) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Facebook: EdgarChagwaLungu Twitter: EdgarCLungu Editar o valor em Wikidata

Carreira política editar

Inicialmente uniuse ao Partido Unido para o Desenvolvemento Nacional, pero logo cambiouse á Fronte Patriótica, fundada por Michael Sata.

Durante a presidencia de Sata, Lungu desempeñouse como Ministro de Relacións Exteriores, Defensa e Xustiza. Tras a morte de Sata en outubro de 2014, Lungu converteuse no candidato da Fronte Patriótica para as eleccións presidenciais en xaneiro de 2015. Venceu por escasa marxe ao candidato opositor Hakainde Hichilema.

Presidencia editar

Edgar Lungu xurou o seu cargo de presidente de Zambia o 25 de xaneiro de 2015 no Estadio dos Heroes Nacionais da capital, Lusaka.[1]

Foi reelixido para cumprir un mandato completo de cinco anos en agosto de 2016, derrotando novamente a Hichilema por unha estreita marxe.[2] Lungu contraeu matrimonio con Esther Lungu, son pais de 6 fillos.[3]

Notas editar

  1. Matthew Hill, "Zambian Ruling Party's Edgar Lungu Inaugurated as President", Bloomberg, 25 de xaneiro de 2015.
  2. "Presidente de Zambia Edgar Lungu reelecto en la primera vuelta". T13. 15 de agosto de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2016. 
  3. Biografía por CIDOB

Véxase tamén editar