Michael Sata
Michael Chilufya Sata , nado en 1937 en Mpika, antiga Rodesia do Norte[1] e falecido o 29 de outubro de 2014 en Londres foi un oficial de policía, taxidermista, ferroviario, sindicalista e político zambiano que resultou o quinto Presidente de Zambia, asumindo o cargo o 23 de setembro de 2011[2] e continuando no poder até o seu falecemento.
Michael Sata | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de xullo de 1937 |
Mpika | |
Falecemento | 28 de outubro de 2014 |
Londres | |
Causa | doenza |
Nacionalidade | Zambia |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | político e sindicalista |
Cónxuxe | Christine Kaseba |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carreira políticaEditar
Lidera a Fronte Patriótica de Zambia (PF), un importante partido político do país. Durante a presidencia de Frederick Chiluba, na década dos 90, Sata era ministro como parte do Movemento para a Democracia Multipartidaria (MMD), entón no goberno. Volveuse opositor no 2001, formándose o PF. Como líder da oposición, Sata foi popularmente coñecido como o Rei Cobra (King Cobra), porque emerxeu como candidato opositor rival de Levy Mwanawasa na eleccións de 2006 sendo, non obstante, derrotado. Tras a morte do presidente Mwanawasa, Sata postulouse novamente como presidente e foi derrotado por Rupiah Banda, en 2008. Finalmente vencería nas eleccións xerais de 2011 o entón presidente Rupiah Banda, co 42% dos votos.
Morreu no hospital King Edward VII de Londres, mentres se trataba dunha afección.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Predecesor: Rupiah Banda |
Presidente de Zambia 2011 - presente |
Sucesor: por designar |