Frederick Chiluba
Jacob Frederick Chiluba, nado en Ndola o 30 de abril de 1943 e finado en Lusaca o 18 de xuño de 2011,[1] foi un político zambiano, presidente do seu país durante o período 1991-2002.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1943 Kitwe, Zambia (pt) |
Morte | 18 de xuño de 2011 (68 anos) Lusaca, Zambia |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Embassy Park (en) |
Presidente da Organización para a Unidade Africana | |
9 de xullo de 2001 – 2 de xaneiro de 2002 ← Gnassingbé Eyadéma – Levy Mwanawasa → | |
2º Presidente de Zambia | |
2 de novembro de 1991 – 2 de xaneiro de 2002 ← Kenneth Kaunda (pt) – Levy Mwanawasa → | |
Datos persoais | |
Relixión | Pentecostalismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Ndola Lusaca |
Ocupación | político |
Partido político | Movimento para a Democracia Multipartidária (pt) |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, |
Traxectoria
editarFoi fillo de Jacob Titus Chiluba Nkonde e Diana Kaimba. Asistiu á escola secundaria de Kawambwa, onde iniciou a súa actividade política ligado ao marxismo. Completou o seu certificado xeral en educación vía correspondencia, estudando economía.
Tras a obtención da independencia de Zambia, formou unha colectividade política denominada “Movemento por unha Democracia Multipartidaria”. En 1981 foi presidente do Congreso de Sindicalistas de Zambia, exiliado en 1987 por desordes contra o goberno de Kenneth Kaunda.
En 1990 regresou para colaborar na apertura democrática, sendo candidato presidencial da súa colectividade, logrando un triunfo fronte á opción que representaba Kaunda. Reelixido en 1996, durante o seu mandato transformou a economía cara a un sistema capitalista de libre mercado. Privatizou diversas empresas estatais e estranxeiras e alentou o investimento privado.
Entre diversas acusacións de malversación de fondos e outros casos de corrupción da súa administración, deixou o seu cargo en xaneiro de 2002, sendo sucedido polo seu vicepresidente Levy Patrick Mwanawasa, retirándose da vida pública.
Notas
editar- ↑ "Fallece Frederick Chiluba, expresidente de Zambia". BBC Mundo. 18 de xuño de 2011. Consultado o 18 de xuño de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frederick Chiluba |