O contrabaixo é un instrumento musical de corda fretada que pertence á familia do violín, sendo o instrumento máis grande e co rexistro máis grave de entre todos os desta familia. Conta con catro cordas que, ao contrario do que ocorre con tódolos demais instrumentos da familia, afínase por cuartas ascendentes e non por quintas ascendentes, sendo a afinación das mesmas de grave a agudo Mi, La, Re e Sol, aínda que tamén existen contrabaixos de cinco cordas nos que se engade unha corda máis grave que a cuarta afinada en Do ou Si. Xeralmente emprégase un arco para fregar as cordas e facelas vibrar, o que produce o son, se ben tamén se poden puntear as cordas cos dedos (pizzicato).

Contrabaixo
Información
Clasificación
Tesitura
Instrumentos relacionados
Músicos notables

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.