Abrir o menú principal
Aizoaceae
Planta pedra (Lithops karasmontana)
Planta pedra (Lithops karasmontana)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Aizoaceae
Martynov, 1820
Xéneros

Ver texto.

Sinonimia
  • Ficoidaceae
  • Galeniaceae
  • Mesembryaceae
  • Mesembryanthemaceae
  • Sesuviaceae
  • Tetragoniaceae
  • [1]

As aizoáceas (Aizoaceae) son unha familia de herbas ou subarbustos pertencente á orde Caryophyllales.

Índice

DescriciónEditar

Son plantas herbáceas ou subarbustivas, con follas enteiras e opostas, a miúdo carnosas (crasuláceas). A maioría dos membros de Aizoaceae son xerófitos, ou sexa, plantas adaptadas a soportar grandes períodos de seca, polo que están ben representadas nas zonas desérticas. Moitas das especies desta familia exhiben unha redución foliar para evitar a excesiva transpiración, como unha adaptación ás condicións xéricas.

Moitas especies tamén presentan unha abundante cantidade de cristais de calcio baixo a epiderme, os cales forman unha capa cristalina de carácter protector fronte á insolación.

As flores son apétalas pero posúen numerosos estaminodios, xeralmente vivamente coloreados, con aparencia de corola petaloide; son hermafroditas e son polinizadas por insectos. Con 4-5 ou máis estames funcionais, xineceo de ovario súpero, medio ou ínfero con 1 a 20 carpelos. O froito é unha cápsula dehiscente, chamada noz ou núcula.

TaxonomíaEditar

A familia comprende unhas 1100 especies repartidas en 126 xéneros, os que á súa vez se atopan distribuídos en 5 subfamilias:

SubfamiliasEditar

XénerosEditar

 
Algunhas destas especies se volven invasoras: Carpobrotus acinaciformis chegou ás praias galegas.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar