Abrir o menú principal

Cápsula (froito)

Aristolochia clematitisː un exemplo de froito capsular

As cápsulas son froitos secos e dehiscentes (froitos que se abren ao madurar para ceibaren as sementes), compostos por máis dun carpelo. De todas as categorías de froitos, esta é a máis variábel, tanto no número de carpelos como no tipo de dehiscencia. Algúns autores consideran cápsulas alguunhas clases de froitos secos, como pixidios, mais outros autores consideran estes como entidades diferentes. Fórmanse a partir dun ovario súpero, e a dehiscencia puede adoptar numerosas formas distintas:

  • septicida, , é dicir, abríndose pola xuntura entre carpelos, como nos estraloques (Digitalis);
  • loculicida, é dicir, abríndose cada carpelo separadamente, coa nos tulipáns (Tulipa spp.);
  • septífraga, é dicir, abríndose polos septos en planos paralelos ao eixo central do froito, cuxas partes internas fican coladas á columna axial, coma na (Cedrela tubiflora);
  • placentífraga, é dicir, abríndose por dúas fendas paralelas achegadas á placenta;
  • foraminal ou valvular, é dicir, abríndose poros na superficie superior da cápsula, por onde escapan as sementes ao abalar o vento os froitos;
  • dental, é dicir, abríndose o ápice carpelar e formando un rebordo dentado na parte superior;
  • porícida, ou sexa por poros que se abren por baixo do disco superior, por exemplo case todas as especies d xénero Papaver (papoulas).
  • circular ou transverso, os chamados píxides, como por exemplo no meimendro[1] (Hyoscyamus albus).

Algunhas cápsulas tenden a estoupar ao acadaren a madureza, espallando as sementes pola propia forza do estouro na chamada autocoria.

Os froitos capsulares están presentes en moitas outras familias botánicas, como Malvaceae, Cucurbitaceae (por exemplo, no caso de Luffa operculata), Myrtaceae (coma nos eucaliptos), Aristolochiaceae, e moitas outras. Algúns froitos, como o quiabo e froitos dalgúns hibiscos, son comestíbeis antes da súa maduración.

Adóitanse confundir as cápsulas coas noces, como na castaña de Pará (Bertholletia excelsa) e a castaña das bruxas (Aesculus hippocastanum), mais se diferencian destes froitos por seren dehiscentes.

NotasEditar