Papoula

especie de planta

A papoula[1] (Papaver rhoeas) é unha planta herbácea da familia das papaveráceas, habitual nos campos cultivados con cereais, tamén se atopa nas beiras das estradas e nas praderías. Tamén recibe en galego o nome de mapoula.

Descrición

editar
 
Papoula. Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra , Ourense.

A papoula é unha planta anual de aparencia fráxil, o talo é moi fino e peludo, pouco ramificado, ao cortalo sae un xugo leitoso, como as outras durmideiras (Papaver somniferum etc). A súa floración acontece na primavera e no verán, a súa flor é de pétalos vermellos e zume leitoso.

Utilizouse tradicionalmente para curar as afeccións do tracto respiratorio como a bronquite ou a tose. A infusión das súas follas tamén se empregou como sedante suave. As súas sementes empréganse como condimento e tamén se cultiva como planta ornamental.

Símbolos e representacións

editar

A papoula, ademais do seu simbolismo na linguaxe das flores, inspirou pintores, poetas e escritores en varios paìses e epocàs. Encóntrase en heráldica, nos selos postais.
A papoula era máxica é un libro da escritora galega de narrativa infantil Concha Blanco.

Galería de Imaxes

editar

Véxase tamén

editar