Papaver
Papaver | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ex. Papaver nudicaule | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Véxase no texto |
Papaver é un xénero de anxiospermas, coñecidas coma papoulas, que pertencen á familia Papaveraceae e que se distribúen por Europa, Asia e América do Norte.
Etimoloxía
editarDo latín păpāvĕr, vĕris, co mesmo significado. Xa en Cátulo, 19,12; Virxilio, Eneida, 4, 486; Plinio o Vello, Historia Naturalis, 26, 67.
Descrición
editarSon herbas anuais, bienais ou vivaces, con látex de ordinario branco e con follas máis ou menos divididas, as inferiores pecioladas e as superiores, cando existen, sésiles. As flores son actinomorfas, pedunculadas, terminais e solitarias e de casulo pénsil. Teñen 2 ou 3 sépalos, caedizos na floración e 4-6 Pétalos, fugaces, de prefloración corrugada, ás veces imbricados e de cor vermella, laranxa, amarela, branca ou violeta. Os estames son numerosos, con anteras subglobosas ou elipsoides mentres o ovario non ten estilo, mais un disco apical provisto de 3-18 estigmas radiais. O froito é unha cápsula de forma mazuda a subglobosa, unilocular, falsamente tabicada, case sempre dehiscente por uns poros situados baixo o disco. Contén numérosas sementes de 0,5-1,5 mm, reniformes, estriadas ou reticuladas, máis ou menos alveoladas e de diversas cores.[2][3][4]
Especies aceptadas
editarDas máis de 400 descritas, das cales case 300 son discutidas e 85 sinónimos, só 55 están aceptadas:[5]
Especies presentes na Península Ibérica
editarNa península téñense citado 10 especies, 2 subespecies e 3 híbridos.[2]
- Papaver argemone L., Sp. Pl., 506, 1753
- Papaver aurantiacum Loisel. in J. Bot., 2: 340, 1809 - Dubidosa aínda que non imposíbel no Pireneo xirundense
- Papaver dubium L., Sp. Pl., 1196, 1753
- Papaver hybridum L., Sp. Pl., 506, 1753
- Papaver lapeyrousianum Gutermann in Oesterr. Bot. Z., 122: 268, 1974
- Papaver pinnatifidum Moris, Fl. Sardoa, 1: 74, 183)
- Papaver rhoeas L., Sp. Pl., 507, 1753
- Papaver rupifragum Boiss. & Reut., Pugill. Pl. Afr. Bor. Hispan., 6, 1852
- Papaver somniferum L., Sp. Pl. 508 (1753), as durmideiras
- Papaver somniferum subsp. setigerum (DC.), Arcang., Comp. Fl. Ital. 25, 1882
- Papaver somniferum subsp. somniferum L., Sp. Pl., 508, 1753
- Papaver stipitatum Fedde in Engl., Pflanzenr., 40: 322, 1909 (=Papaver guerlekense Stapf) - Citada recentemente en Menorca sobre a base dun prego pouco maduro; presenza por confirmar. Considerada até agora como un endemismo dunha illa do mar Exeo (Creta).
- Papaver dubium x Papaver rhoeas
- Papaver dubium x Papaver somniferum
- Papaver rhoeas x Papaver somniferum
Tamén están presentes un par de especies asiáticas que se cultivan como ornamentais: Papaver orientale L. e Papaver bracteatum Lindl.
Galería de imaxes
editar-
Aparellos reprodutores dunha papoula (Papaver pseudo-orientale).
-
A papoula común (Papaver rhoeas).
Notas
editar- ↑ Sp. Pl., vol, 1, p. 506, 1753
- ↑ 2,0 2,1 "Papaver en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 19 de maio de 2016.
- ↑ Flora of North America
- ↑ Flora of China
- ↑ Papaver en The Plant List, vers. 1, 1, 2013