Estilo (flor)
O estilo é en botánica a parte alongada e estreita do pistilo dunha flor de anxiospermas. Trátase en realidade dun alongamento do ovario ao final do que aparece o estigma. O estilo non contén óvulos, ficando estes restrinxidos á rexión do xineceo chamada ovario.
O estilo nas anxiospermas pode ser sólido ou oco. Nas plantas con estilo oco o tecido de transmisión (por onde medran os tubos polínicos para efectuar a fecundación) está constituído por unha camada de células epidérmicas bastante diferenciadas que arrodean unha canle oca (a denominada canle estilar). Os tubos polínicos medran dende o estigma deica o ovario ao longo da superficie desa canle, normalmente a través dunha camada magra de mucilaxe. Nas plantas que posúen estilos sólidos, pola contra, as células epidérmicas áchanse intimamente fusionadas e non deixan espazo ningún entre si. Os tubos polínicos, neste caso, medran entre as células do tecido de transmisión (como no caso das petunias (Petunia),[1] ) ou a través das paredes celulares (como en Gossypium,[2] ). O tecido de transmisión nos estilos sólidos inclúe unha substancia intercelular que contén pectina, comparábel á mucilaxe que se atopa na canle estilar dos estilos ocos.[3] Dende o punto de vista da distribución de ambos os dous tipos de estilos entre as diferentes familias de anxiospermas, os estilos sólidos considéranse típicos das eudicotiledóneas e son raros nas monocotiledóneas.[4] [5]
Nas apiáceas, a base do estilo está engrosada, é nectarífera e se denomina estilopodio.
Notas
editar- ↑ Sassen M. M. A (1974). ":The stylar transmitting tissue". Acta Botanica Neerlandica (23): 99–108.
- ↑ Jensen W. A. & D. B. Fisher (1970). ":Cotton embryogenesis: the pollen tube in the stigma and style.". Protoplasma (69): 215–235.
- ↑ C. Labarca, M. Kroh, and F. Loewus (2002). ":The Composition of Stigmatic Exudate from Lilium longiflorum: Labeling Studies with Myo-inositol, D-Glucose, and L-Proline". Plant Physiol. (46): 150–156. Consultado o 25/04/2008.
- ↑ Eames A. J. (1961). ":Morphology of the angiosperms.". McGraw-Hill, New York, New York, USA (69): 215–235.
- ↑ Kocyan A. & P. K. Endress (2001). ":Floral structure and development of Apostasia and Neuwiedia (Apostasioideae) and their relationships to other Orchidaceae.". International Journal of Plant Sciences (162): 847–867.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Font Quer, P. (1982). Diccionario de Botánica. 8ª reimpresión. Barcelona: Editorial Labor, S. A. 84-335-5804-8.
- Gola, G., Negri, G. e Cappeletti, C. 1965. Tratado de Botánica. 2da. edición. Editorial Labor S.A., Barcelona, 1110 p.
- Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p.