Estigma (botánica)

Estigma é a área receptiva do pistilo das flores, onde o gran de pole inicia a xerminación do tubo polínico. Pode estar posicionado no ápice do pistilo, ou lateralmente. É a parte achatada do carpelo, situada na súa extremidade superior; posúe un líquido pegañento que contribúe na fixación do gran de pole.

Fotografía ampliada das anteras e respectivos filetes dunha flor de cacto.

A superficie do estigma de cada especie varía segundo a estrutura do gran de pole correspondente. Especies con grans secos e pulverulentos xeralmente presentan áreas estigmáticas grandes, húmidas, ramificadas ou cubertas de pelos, de xeito que o pole se poida adherir con facilidade na súa superficie. Hai especies cos grans revestidos de lípidos ou espiñosos, que normalmente posúen estigmas secos e simples. Dunha forma ou doutra, é o contacto entre a superficie do gran de pole e a superficie estigmática a que ocasiona o crecemento do tubo polínico, que conduce a célula reprodutora masculina do gran de pole ao óvulo no interior do ovario.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar