Petunia

xénero de plantas

As petunias[1] son plantiñas de flor pertencentes ao xénero Petunia da familia das Solanáceas; en total o xénero comprende 18 especies propias de América do Sur. peamericanas. Son plantas anuais de pouco talle, é dicir, arbustos de 3 a 6 dm, con follas alongadas ou arredondadas e lixeiramente vilosas. A floración é abondosa, sen parar dende principios da primavera deica finais do outono. As flores poden ter calquera cor agás o laranxa, son clasificadas como inodoras aínda que a planta bota un agradábel recendo e existen variedades variegadas. Esta planta caracterízase por ser de forma tubular, moi pedunculadas e solitarias.

Son amplamente utilizadas en xardinaxe, dada a súa variedade de cores e a súa facilidade de cultivo e produción. Son incribelmente útiles en zonas tropicais xa que o seu momento de floración dura todo o ano, e non posúen un talo forte ou espiños no mesmo, son amplamente utilizadas para enfeitar locais de lecer, tales como prazas e parques. Son moi comúns nos xardíns de Galiza.

Historia

editar

A Petunia nyctaginiflora fora descuberta por unha expedición francesa ao Brasil en 1823.

Conta cunha flor branca de doce recendo que abre á noite; denominouse Petunia en París, pola súa estreita semellanza coa planta do tabaco chamada petun pola nación tupí-guaraní.

Petunia × hybrida hort. ex E.Vilm.

Reprodución

editar

A súa forma viva de reprodución pode ser sexual ou asexual. A forma máis utilizada para a súa reprodución é por medio de estaquía (asexual), forma na que se utilizan diversos estimulantes para obtermos un enraizamento satisfactorio, o cal é o sino para unha reprodución a grande escala. Tamén se utiliza coma ferramenta para unha boa propagación varios tipos de ambientes artificiais, tales como, o propagador de neboeira e mais o túnel húmido.

Variedades

editar

Grandiflora

editar

Este tipo de petunias ten as flores máis grandes, até 10 cm. de diámetro.

Hedgiflora (Diseminación)

editar

Caracterízanse pola súa baixa altura (polo xeral arredor de 15 cm.), mais unha gran dispersión (de 90 a 120 cm.).

Multiflora

editar

A Multiflora en comparación coas grandiflora ten as flores coa metade do tamaño, menos de 5 cm. de diámetro, non se danan facilmente coa chuvia intensa e pode tolerar moito máis sol.

Milliflora

editar

Milliflora son as petunias máis pequenas, arredor de 2,5 cm. de ancho.

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para petunia.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar