Abrir o menú principal

Os guaranís[1] son un pobo indíxena de América do Sur. Distínguense do pobo relacionado tupí polo emprego da lingua guaraní. A distribución tradicional do pobo guaraní é o estado actual de Paraguai, entre os ríos Uruguai e Paraguai, a Provincia de Misiones da Arxentina, o sur do Brasil, outrora até Río de Xaneiro, e partes do Uruguai e Bolivia.[2] Malia o seu dominio demográfico da rexión, foi reducido pola colonización europea e o crecemento do número de mestizos, pero aínda existe unha importante poboación nesas áreas. Ademais, a lingua guaraní aínda é amplamente falada nas terras tradicionais guaranís, e é unha das dúas linguas oficiais de Paraguai, sendo a outra o castelán.[3]

Pobo guaraní
Guaranis.jpg
Indíxenas guaranís.
Poboación
Poboación total:
270 000
Rexións principais:
Flag of Argentina.svg Arxentina21 807 (2004)
Flag of Bolivia.svg Bolivia81 197 (2001)
Aspectos culturais
LinguaLingua guaraní, castelán e portugués
RelixiónCristianismo, protestantismo e animismo
Grupos
relacionados
Aché, chané, kaingang, mbayá e tupí

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guaraní.
  2. "Society-GUARANI". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2006. Consultado o 18 de febreiro de 2017. 
  3. Embassy of Paraguay in the United States of America (ed.). "Paraguay". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2009. Consultado o 18 de febreiro de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar