Abrir o menú principal

A durmideira[1] (Papaver somniferum) é unha planta herbácea da familia das papaveráceas (a mesma familia das papoulas) que chega a unha altura superior ao metro. Ten propiedades sedativas e narcóticas, dela extráese o opio. A súa distribución abrangue Asia e Europa, atópase en terreos calcáreos, a cápsula contén numerosas sementes, utilizadas en especial na Europa do leste para aromatizar o pan e outros produtos. Tradicionalmente tamén se utilizou a durmideira para obter infusións relaxantes e como somnífero. As variedadea asiáticas teñen uns principios activos máis fortes ca os das europeas.

GaleríaEditar

Véxase taménEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para durmideira.