Abrir o menú principal

Papaverales

orde de plantas antigo

Papaverales é un taxon de dicotiledóneas situado na categoría de orde, que nos sistemas de clasificación antigos como o de Cronquist (Cronquist 1981, 1988) contiña ás familias Papaveraceae, Fumariaceae e Pteridophyllaceae.[1][2] Nos sistemas de clasificación actuais como o APG (1998 ), o seu sucesor APG II (2003 ), e o máis actualizado APW ) estas 3 familias pasan a ser subfamilias da familia Papaveraceae, sendo as subfamilias Papaveroideae, Fumarioideae e Pteridophylloideae.[3][4][5] Papaveraceae pertence á orde Ranunculales, e a orde Papaverales xa non se usa.

Ver Taxonomía de Papaveraceae para máis información.

NotasEditar

  1. Cronquist, A. 1981.
  2. Cronquist, A. 1988.
  3. Angiosperm Phylogeny Group. 1998.
  4. The Angiosperm Phylogeny Group. 2003.
  5. Stevens, P. F. 2001 Angiosperm Phylogeny Website, versión 7 (maio de 2006) e actualizado regularmente dende aquela.