Menorca é a illa máis setentrional das Illas Baleares. Ten unha extensión de 701 km², situada no medio do Mediterráneo occidental, equidistante de África, a Península Itálica e a Península Ibérica.

Modelo:Xeografía políticaMenorca
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°58′N 4°05′L / 39.97, 4.08
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Baleares
Provincia históricaprovincia de Baleares Editar o valor en Wikidata
CapitalMaó Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación96.467 (2022) Editar o valor en Wikidata (139,4 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie692 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoEl Toro (en) Traducir (350 m) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Manûrqa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Evento clave
5 de febreiro de 1782Invasion of Minorca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES533 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcime.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX126657

Conta con 82.872 habitantes distribuídos nos oito concellos da illa. A capital é Maó. O nome da illa provén do latín Minorica ('a menor'), en contraposición á meirande Maiorica (Mallorca).

Historia

editar

A unha primeira etapa de civilización primitiva, seguiu outra moi brillante durante a Idade de Bronce, coñecida como talaiótica, caracterizada por construcións ciclópeas similares ás de Mallorca, Sardeña ou Malta, aínda que con características orixinais.

Visitado por fenicios, gregos e cartaxineses (estes últimos fundaron, no século -VII os enclaves de Jamma, actual Ciutadella, e Maghen, actual Maó. A cultura talaiótica perduraría en Menorca máis aló de que Quinto Cecilio Metelo (que recibiría máis tarde o sobrenome de Balearicus), conquistada a illa para a república romana no ano -123 (xunto co resto das Baleares).

No ano 427 a illa viviu a conquista dos vándalos. É de supor que Menorca converteuse en territorio bizantino á caída do reino vándalo, conquistado por Belisario. En calquera caso, seguen séculos de escuridade e illamento, nos que a illa foi atacada por normandos e árabes.

Os árabes non se asentaron definitivamente en Menorca ata o ano 903, en que foi conquistada e unida ao Califato de Córdoba. A pesar da tardía conquista, a islamización da illa foi intensa. En 1232, tres anos logo da conquista de Mallorca por Xaime I o Conquistador, a Menorca musulmá fíxose tributaria da Coroa de Aragón, permanecendo cunha importante autonomía medio século máis.

 
Cala Turqueta
 
La Vall
 
Cala Trebalúger
 
Barranco de Algendar

A illa foi conquistada por Afonso III de Aragón o 17 de xaneiro de 1287 (esta é a razón de que o 17 de xaneiro sexa o día de Menorca), o cal procedeu á deportación e venda como escravos da poboación musulmá que residía na illa e a súa repoboación con colonos cataláns. O seu sucesor Xaime II o Xusto cédella a Xaime II de Mallorca tras o tratado de Anagni (1295), pasando a formar parte do Reino de Mallorca. En 1343, Pedro o Cerimonioso arrebata Menorca ao rei de Mallorca, Xaime III (paso previo á propia desaparición do reino, anexionado á Coroa de Aragón).

A Menorca aragonesa beneficiouse do esplendor marítimo e comercial do reino, pero a partir de finais do século XIV, a illa experimenta un drástico proceso de despoboamento e decadencia económica. Este proceso alcanzou cotas alarmantes nos séculos XV e XVI, debido a unha pluralidade de motivos. Fundamentalmente as loitas sociais entre o campesiñado e a aristocracia, similares e coetáneas ás Xermanías do reino de Valencia e de Mallorca ou ás da revolta catalá contra Xoán II. Tamén influíron os ataques otománs, que saquearon e destruíron Maó (1535, polo corsario otomán Aruj, gobernador de Alxer para a Sublime Porta así como irmán do que foi o almirante otomán Jeireddín Barbarroja) e a entón capital Ciutadella (1558, polo corsario otomán Piali), o que ameazou co despoboamento case absoluto da illa.

Capturada polos británicos en 1708 durante a guerra de sucesión española e cedida oficialmente a raíz do Tratado de Utrecht, pasou a ser durante setenta anos unha dependencia británica (e o porto de Maó unha base naval británica no Mediterráneo) no século XVIII. A presenza británica impulsou a economía da illa, polo que Maó, que se converteu na capital da illa converteuse nun centro comercial e de contrabando de primeira orde no Mediterráneo. A influencia británica pódese apreciar na arquitectura local. Pola contra, Ciutadella, a antiga capital e reduto clerical e aristocrático, languidecía.

Durante a guerra dos Sete Anos, Menorca foi tomada por Francia (1756). Con todo, o Tratado de París (1763) devolveu o control da illa a Gran Bretaña. Durante a guerra de independencia dos Estados Unidos, que tamén involucrou a Francia e a España, forzas franco-españolas derrotaron ás forzas británicas e capturaron a illa o 5 de febreiro de 1782, pero foi recobrada polos británicos en 1798, durante as guerras contra a Francia revolucionaria. Foi cedida a España final e permanentemente en virtude do Tratado de Amiens en 1802. A puxanza marítima de Maó prolongouse durante os primeiros anos do século XIX, aínda logo de reverter a dominio español.

Durante a guerra civil española, Menorca permaneceu fiel ao goberno da República, en tanto que Mallorca uníase ao bando sublevado. O brigada republicano Pedro Marqués, tras conseguir que o xeneral Bosch rendese o mando da illa, erixiuse na máxima autoridade militar de Menorca e foi o responsable das matanzas realizadas durante o 2 e 3 de agosto de 1936 na fortaleza de La Móla de Maó, nas que que se asasinou a máis dun centenar de mandos militares nacionais prisioneiros. Tamén durante o seu mandato foron asasinados outros moitos civís e clérigos afectos á causa nacional, entre eles o sacerdote Joan Huguet. Porén, non se desenvolveron combates na illa coa excepción dun bombardeo a cargo da aviación italiana e ao final da guerra (1939), a mariña británica supervisou unha transferencia pacífica de poder en Menorca e procedeu á evacuación dalgúns refuxiados políticos.

Monumentos

editar

Existen na illa gran cantidade de monumentos megalíticos (navetas, talaiots) e taulas da época talaiótica. Atopáronse importantes sitios arqueolóxicos nos poboados prehistóricos de Trepucó e Talatí, a naveta des Tudons, entre Ciutadella e Ferreries. Tamén existe unha basílica paleocristiá na proximidade da praia de Son Bou e os restos dunha fortaleza no monte de Santa Águeda, o último punto de resistencia dos musulmáns antes da súa conquista por Afonso III.

Pratos típicos

editar

Municipios

editar
 
Municipios de Menorca

Os municipios principais da illa son Ciutadella de Menorca, antiga capital, e Maó, centro administrativo e actual capital. A illa divídese, administrativamente, nos seguintes municipios:

Linguas

editar

En Menorca, como no resto das Illas Baleares, as dúas linguas oficiais son o catalán e o castelán. O dialecto local do catalán que se fala en Menorca é o menorquino, variante do balear ou "catalán oriental". É parecido ao mallorquino e máis semellante ao "Eivisenco", destacando como diferenzas que do mesmo xeito que en Barcelona neutralizan o o átono en u, ou que non se fai uso dos artigos "salgados" xo e sos, e si en cambio do "sa" e "es" (artigos a e o). Debido á conquista británica consérvanse un gran número de anglicismos tales como "grevi" (salsa, tomado de "gravy"), ou "bòtil" (botella, tomado de "bottle"), "xoc" (xiz, en inglés "chalk")

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar