Celastraceae, as celastráceas, é unha familia de plantas da orde Celastrales. Agrupa arredor de 90 a 100 xéneros e 1300 especies de rubideiras, arbustos e pequenas árbores. A gran maioría dos seus xéneros son tropicais, excepto Celastrus e Euonymus, amplamente estendidos por latitudes de clima temperado.

Descrición editar

Son árbores ou arbustos, ás veces escandentes, pubescentes, glabros ou case glabros; plantas hermafroditas, poligamodioicas ou dioicas. Follas alternas, opostas e verticiladas, simples, enteiras, crenadas e aserradas, con cristais de oxalato de calcio; estípulas persistentes, caducas ou ausentes. Inflorescencias axilares ou en nós florais acompañados de follas non desenvoltas, cimosas, tirsoides, en acios ou fasciculadas, brácteas presentes, erosas, flores actinomorfas; sépalos 4 ou 5, libres ou unidos na base, imbricados, algunhas veces persistentes; pétalos 4 ou 5, libres, imbricados; estames en igual número que as partes do perianto, filamentos libres xurdindo por debaixo ou na marxe do disco, alternipétalos ou alternisépalos, anteras tetrasporanxiadas e ditecas ou bisporanxiadas, dehiscencia lonxitudinal, comunmente introrsas ou laterais (extrorsas e ás veces case terminais en Euonymus); ovario súpero, semisúpero ou raras veces semiínfero, 2–5-carpelar, con igual número de lóculos como carpelos, algunhas veces abortando un lóculo, estilo terminal, en xeral curtamente 2–5-lobado, óvulos (1) 2 (3), 2–6 en Canotia, numerosos en Goupia, erectos, raras veces péndulos, placenta axilar. Froito cápsula, sámara, baga ou drupa; sementes a miúdo ariladas.[1]

Sinonimia editar

Subfamilias editar

Contén as seguintes sufamilias:[2]

Xéneros editar

Notas editar

  1. "Celastraceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden: Flora de Nicaragua. Consultado o 17 de febreiro de 2010. 
  2. USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2009. Consultado o 16 de abril de 2009.  (31 de outubro de 2013)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fl. Guat. 24(6): 201–218. 1949; Fl. Pan. 62: 45–56. 1975; B.E. Hammel. Three new species of Celastraceae from Costa Rica, one disjunct from Mexico. Novon 7: 147–155. 1997.