Unha bráctea, termo usado en botánica e introducido por Carl von Linné, é un órgano foliáceo na proximidade das flores e diferente ás follas normais e as pezas do perianto. Malia a súa cor ser verde, a súa función principal non é a fotosíntese, senón protexeren as flores ou inflorescencias.

Brácteas na leitaruga

Adoitan ser de menor tamaño que as follas normais e nalgúns casos son máis grandes que a flor. Noutros casos, como no caso das compostas (Asteraceae), son moi pequenas, como ocorre por exemplo nas brácteas da leitaruga (Taraxacum officinale) que poden apreciarse na imaxe.

Véxase tamén

editar