Robert Brown

botánico escocés

Robert Brown, nado en Montrose, Escocia o 21 de decembro de 1773, e finado en Londres o 10 de xuño de 1858, foi un médico, cirurxián e botánico escocés.

Robert Brown
Robert Brown (botanist).jpg
Nacemento21 de decembro de 1773
Lugar de nacementoMontrose, Angus, Escocia
Falecemento10 de xuño de 1858
Lugar de falecementoLondres, Inglaterra
Soterradocemiterio de Kensal Green
Nacionalidadebritánica
Alma máterUniversidade de Edimburgo
Ocupaciónbotánico, fisioloxía vexetal
Lingualatín
Coñecido porMovemento browniano
EstudosMedicina
Profesiónmédico, cirurxián, botánico
PremiosPresidente da Sociedade Linneana de Londres
Membro da Royal Society
Medalla Copley (1839)
Na rede
WikiTree: Brown-80207
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formado na Universidade de Edimburgo, é recordado, ademais de polo seu descomunal traballo de recompilación da flora de Australia, por ter definido o termo "núcleo celular" e por descubrir o movemento de axitación das partículas na superficie da auga (denominado movemento browniano non seu honor), aínda que non soubo determinar as súas causas (o fenómeno sería explicado en termos de cinemática molecular por Albert Einstein en 1905).

Alistouse nun rexemento como cirurxián en 1795. Aceptou un posto como naturalista a bordo do Investigator ao mado Mathews Findler, que estaba a punto de levantar áncora nunha viaxe cartográfica a Australia. Durante tres anos efectuou unha inxente investigación recolectando uns 3 400 espécimes, dos que uns 1 200 eran novos para a ciencia. Permaneceu en Australia até maio de 1807. Durante tres anos investigou sobre o material recolectado. En 1810 publicou os resultados das súas recoleccións na súa obra Prodromus Florae Novae Hollandiae et Insulae Van Diemen, a primeira relación taxonómica da flora de Australia.[1]

Nun artigo científico que leeu na Sociedade Linneana de Londres en 1831 e que publicou en 1833, Brown deulle o nome ao núcleo das células eucariotas. Este núcleo x fora observado antes, quizais xa en 1682 polo microscopista neerlandés Anton van Leeuwenhoek. En 1802 Franz Bauer debuxara o núcleo como unha característica normal das células vexetais. Pero Brown foi quen lle deu o nome que leva até a actualidade (dándolle créto ás ilustracións de Bauer). Tanto Bauer como Brown crían que o núcleo non era universal; e Brown pensaba que estaba confinado exclusivamente ás monocotiledóneas.[2]

En 1827, examinando ao microscopio grans de pole, esporas de musgos e de Equisetum suspendidos en auga, Brown observou diminutas partículas con vacúolos nos grans de pole executando un continuo movemento aleatorio. Logo observou o mesmo movemento en partículas de po, anulando a súa anterior hipótese de que o movemento se debía a que o pole tiña vida. El mesmo non puido elaborar unha teoría explicatoria dese movemento, denominado máis tarde "movemento browniano" no seu honor.

ObrasEditar

EponimiaEditar

FísicaEditar

 
Brunonia australis, cuxo xénero está dedicado a Brown

O movemento circulatorio das partículas en suspensiòns acuosas leva seu nome, "movemento browniano".[3] Foi descrito orixinarimente en 1785 por Jan Ingenhousz en partículas de carbón suspendidas en alcohol. Marian Smoluchowski, case simultaneamente con Albert Einstein, describiu matematicamente o fenómeno.

BotánicaEditar

Seu nome se conmemora no xénero de herbáceas de Australia Brunonia, e en numerosas especies australianas: Eucalyptus brownii, o musgo Tetrodontium brownianum, especie que descubriu mentres vivía en Roslin, Edimburgo, cando era estudante. Aínda pode verse no lugar do seu descubrimento.[4]

AbreviaturaEditar

A abreviatura R.Br. emprégase para recoñecer a Robert Brown como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[5]

NotasEditar

  1. Wikisource 1911 Encyclopaedia Britanica/Robert Brown.
  2. Harris, Henry (1999): The birth of the cell (páxs. 76-81). Yale University Press.
  3. Brown, R. (1828): "On particles contained in the pollen of plants; and on the general existence of active molecules in organic and inorganic bodies", artigo publicado na revista Philosophical Magazine, 4: 161-173.
  4. "Bryology (mosses, liverworts and hornworts)" Royal Botanic Garden Edinburgh.
  5. R.Br. – Robert Brown (1773-1858) no IPNI.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Brown, Robert (1866). The Miscellaneous Botanical Works of Robert Brown 1. Londres: Robert Hardwicke. 
  • Brown, Robert (1866). The Miscellaneous Botanical Works of Robert Brown 2. Londres: Robert Hardwicke. 
  • Mabberley, David (1985). Jupiter botanicus: Robert Brown of the British Museum. British Museum (Natural History). ISBN 978-3-7682-1408-7. 
  • Mabberley, David (2002), 'Brown, Robert', en R. Aitken e M. Looker (eds), Oxford Companion to Australian Gardens, South Melbourne, Oxford University Press, pp. 108–10.
  • Moore, D. T. e Groves, E.W . A catalogue of plants written by Robert Brown (1773–1858) in New South Wales: first impressions of the flora of the Sydney region. Archives of Natural History 24 (2): 281–293 (xuño de 1997).
  • Munster, P., (2002), 'Robert Brown at Swan Bay', Australian Garden History, 14 (3), p. 10.