Albert Einstein

físico e matemático alemán recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade.

Albert Einstein, (De-Albert Einstein.oga [ˈalbɐt ˈaɪnʃtaɪn] ) nado en Ulm o 14 de marzo de 1879 e finado en Princeton (Estados Unidos) o 18 de abril de 1955, foi un físico e matemático alemán de nacemento[1] recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade, un dos piares da física moderna xunto a mecánica cuántica.[2][3] A obra de Einstein resultou tamén de grande influencia na filosofía da ciencia.[4][5] Einstein é coñecido na cultura popular pola súa fórmula da equivalencia masa-enerxía E = mc2, alcumada "a fórmula máis famosa do mundo".[6]

Modelo:BiografíaAlbert Einstein

(1947) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1879 Editar o valor en Wikidata
Ulm (Imperio Alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte18 de abril de 1955 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Princeton (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaneurisma de aorta abdominal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMuseo Nacional de Saúde e Medicina (cerebro de Albert Einstein) Editar o valor en Wikidata
Catedrático
1911 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEinsteinhaus Caputh (en) Traducir (1929–1932)
Smíchov (1911–)
Einsteinhaus (en) Traducir (1903–1905)
Schaffhausen (1901–1902)
Princeton
Múnic Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
RelixiónPanteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zürich - física (–1905)
ETH Zürich - educação matemática (pt) Traducir (1896–1900)
old Kantonsschule (Albert Einstein House) (en) Traducir - matura (en) Traducir (1895–1896)
Luitpold-Gymnasium (en) Traducir (1888–1894) Editar o valor en Wikidata
Tese académicaA New Determination of Molecular Dimensions (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1905 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseAlfred Kleiner (pt) Traducir, Heinrich Burkhardt (pt) Traducir e Heinrich Friedrich Weber (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica teórica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín (1914–1933)
Zürich (1912–1914)
Praga (1911–1912)
Zürich (1909–1911)
Berna (1902–1909)
Princeton
Caputh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton (1933–1955)
Universidade de Leiden, Professor by special appointment (en) Traducir. Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) Traducir (1920–1946)
Sociedade Kaiser Wilhelm, director (1917–1933)
Deutsche Physikalische Gesellschaft (pt) Traducir, presidente (1916–1918)
Universidade Humboldt de Berlín, catedrático (1914–1933)
Academia Prusiana das Ciencias (1914–1933)
ETH Zürich, catedrático (1912–1914)
Universidade alemá de Praga, catedrático (1911–1912)
Universidade de Zürich, catedrático (1909–1911)
Universidade de Berna, mestre (1908–1909)
Instituto Federal Suízo de Propiedade Intelectual (1902–1909)
Institute for Advanced Study
Universidade de Leiden
Universidade Carolina de Praga
Berna
Universidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Alemán (–1933) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresHeinrich Friedrich Weber (pt) Traducir e Hermann Minkowski (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosErnst G. Straus Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
19275th Solvay Conference on Physics (en) Traducir
19111st Solvay Conference on Physics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoLeó Szilard (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeElsa Einstein (1919–1936)
Mileva Marić (1903–1919) Editar o valor en Wikidata
FillosLieserl Einstein
 () Mileva Marić
Hans Albert Einstein
 () Mileva Marić
Eduard Einstein
 () Mileva Marić Editar o valor en Wikidata
PaisHermann Einstein Editar o valor en Wikidata  e Pauline Koch Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaja Einstein Editar o valor en Wikidata
ParentesLina Einstein, curmá entregue
Elsa Einstein, curmá entregue Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
gañador do Premio Nobel Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Histórico de Suíza, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0251868 Allocine: 36179 Rottentomatoes: celebrity/albert_einstein TV.com: people/albert-einstein
Facebook: AlbertEinstein BNE: XX834035 Bitraga: 4450 Dialnet: 278727 Musicbrainz: c98c325e-7277-46e8-8b44-e3517f3e041a Discogs: 430935 WikiTree: Einstein-1 Find a Grave: 314 Editar o valor en Wikidata

Nos comezos da súa carreira científica, Einstein considerou que a mecánica de Newton non era suficiente para reconciliar as leis da mecánica clásica coas leis do campo electromagnético. Isto levouno ao desenvolvemento da súa teoría da relatividade especial. Así mesmo decatouse que o principio da relatividade tamén se podía estender ós campos gravitacionais, e xunto coa súa subsequente teoría da gravitación de 1916, publicou a teoría da relatividade xeral. Continuou tratando os problemas da mecánica estatística e a teoría cuántica, o que deu pé ás súas explicacións da teoría de partículas e o movemento das moléculas. Tamén investigou as propiedades térmicas da luz, establecendo a base da teoría de fotóns. En 1917, Einstein aplicou a teoría xeral da relatividade para modelar a estrutura a grande escala do universo.[7]

Estas e outras contribucións ó desenvolvemento da mecánica cuántica, mecánica estatística e cosmoloxía, á parte doutras áreas, contribuíron a que fose considerado o físico máis importante do século XX.[8] Recibiu o Premio Nobel de Física no 1921 pola súa explicación do efecto fotoeléctrico e "polo seu servizo á Física teórica"[9] mais o anuncio da concesión non se fixo ata un ano despois, en 1922 debido a que o premio non foi atribuído en 1921[10].

Einstein publicou máis de 300 artigos científicos xunto cunhas 150 obras non científicas.[7][11] Escribiu toda a súa obra científica en alemán, aínda que nalgúns casos a lingua de publicación foi o inglés.[12]

Na súa honra, foi nomeada unha unidade empregada en fotoquímica (hoxe desaconsellada)[13]. Un einstein é equivalente ó número de Avogadro de veces a enerxía dun fotón de luz.[14] Asemade leva o seu nome o elemento químico Einsteinio.[15]

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar
 
Albert Einstin aos 14 anos de idade

Einstein naceu en Ulm, Württemberg, Alemaña aínda que desde 1880 viviu con toda a familia en Múnic[16]. Seus pais foron Hermann Einstein, comerciante e propietario dunha empresa eléctrica[17], e a súa dona, Pauline Koch. A súa familia era de orixe xudía-asquenací aínda que non practicante. Einstein recibiu leccións de violín durante a súa infancia por insistencia da súa nai. Segundo relata el mesmo ós cinco anos o seu pai amosoulle un compás de peto e o seu fundamento deixouno intrigado[18]. Realizou os estudos primarios nunha escola católica e a pesar do seu atraso en aprender a falar foi un bo estudante.[19] En 1888 comezou a educación secundaria no Luitpold Gymnasium, cun curriculum centrado nos estudos clásicos e no que Einstein nunca se sentiu cómodo[20]

Mocidade

editar

En 1894, dende Múnic os Einstein mudaron a súa vivenda a Milán (Italia) Albert permaneceu en Múnic ata rematar a escola pero só completou un cuadrimestre e sen rematar marchou o 29 de decembro cabo da súa familia, que agora estaba en Pavia[21]. No 1895, Einstein pasou un exame da Escola Federal Politécnica de Suíza en Zürich, pero suspendeu na parte correspondente a arte, malia os seus extraordinarios resultados en matemáticas e física[22]. A familia enviouno a Aarau, Suíza para finalizar a súa educación secundaria, e en 1896, Einstein recibiu o seu diploma de ensino medio.

Matrimonios e fillos

editar
 
Albert Einstein en 1904 (ós 25 anos)

O mesmo ano 1896, Einstein renunciou á súa cidadanía alemá, converténdose en apátrida. No 1898, Albert xuntouse con Mileva Marić, unha compañeira de clase serbia (que foi tamén amiga de Nikola Tesla), da que namorara. No 1900, Einstein acadou un diploma de docente pola Universidade Federal Politécnica de Zürich. Fíxose cidadán suízo en 1901.

O descubrimento e publicación no 1987 dunha correspondencia antiga entre Einstein e Mileva Marić revelou que tiveron unha filla antes de casar, "Lieserl" nada no 1902 en Novi Sad, onde Mileva estaba cos sus pais. Marić volveu a Suíza sen a filla. O contido da carta de Albert a Mileva en setembro de 1903 suxire que foi adoptada ou quizais morreu de escarlatina a unha idade temperá.[23][24]

 
Einstein coa súa muller Elsa

Einstein e Mileva casaron o 6 de xaneiro de 1903. O 14 de maio de 1904 tiveron o seu primeiro fillo, Hans Albert Einstein, nado en Berna, Suíza. O seu segundo fillo, Eduard, naceu en Zürich en xullo de 1910. No 1914, a parella separouse; Einstein mudouse a Berlín e Milena quedou en Zürich cos fillos. O divorcio chegou o 14 de febreiro de 1919, despois de cinco anos de separación. Eduard, chamado polo pai "Tete" (por pequeno), tivo unha depresión nerviosa ós 20 anos, sendo diagnosticado de esquizofrenia. A súa nai coidouno e estivo internado en diversas ocasións, incluído o tempo anterior á súa morte.

En cartas reveladas no 2015, Einstein escribiu ó seu primeiro amor, Marie Winteler, sobre o seu matrimonio e os seus aínda fortes sentimentos por ela. No 1910 escribiulle "penso con amor en ti cada minuto do que dispoño, e son tan infeliz como pode selo un home", mentres Milena estaba embarazada do seu segundo fillo. Einstein falou sobre un "amor equivocado" e unha "vida desperdiciada" en relación ó seu amor con Marie.[25]

Einstein casou logo con Elsa Löwenthal o 2 de xuño de 1919, despois de ter relacións con ela dende 1912. Elsa era prima materna e prima segunda paterna. No 1933 emigraron ós estados Unidos. No 1935, Elsa Einstein foi diganosticada de problemas de corazón e os riles e morreu en decembro de 1936.

Doutoramento e traballo (primeira época)

editar

Einstein non puido atopar un posto como ensinante. Comezou a traballar como asistente examinador na Oficina Suíza de Patentes en Berna no 1902. Nela, Einstein xulgaba a valía das solicitudes dos inventores, rectificando os seus erros de deseño e avaliando se eran factíbeis.

Mileva Marić foi unha compañía persoal e intelectual. Chegou a referirse a ela como "unha criatura que é un igual e tan forte e independente coma min".

 
Segunda Conferencia de Solvay 1913

Obtivo o seu doutoramento coa tese "Sobre unha nova determinación de dimensións moleculares" en 1905.

No mesmo ano escribiu catro artigos que poñen a base da física moderna, sen demasiada literatura científica como referencia ou moitos compañeiros científicos para discutir conxuntamente as teorías. A maioría dos físicos están de acordo en que tres desas publicacións (sobre o Movemento Browniano, o Efecto fotoeléctrico e a Relatividade Especial) servirían de xeito individual para lograr o Premio Nobel. Só o obtivo polo efecto fotoeléctrico. Hai algo de irónico en que Einstein sexa de longo o mellor coñecedor da relatividade, mentres que o efecto fotoeléctrico é completamente cuántico, e Einstein rematou moi desencantado coa estrutura que a teoría cuántica ía tomando. O que fai encomiables as devanditas publicacións é que, en cada caso, Einstein colleu unha idea da física teórica coas súas consecuencias lóxicas e apañouse para explicar resultados experimentais que mantiveron asombrados ós científicos durante décadas.

Einstein discutiu os seus intereses científicos con Mileva e os seus amigos máis próximos. Enviou os seus artigos ó Annalen der Physik (son referidos como as "Publicacións do Annus Mirabilis", de 1905).

Movemento Browniano
editar

O primeiro artigo publicado en 1905, titulado "Sobre o movemento - esixido pola Teoría Cinético-Molecular da Calor - das pequenas partículas suspendidas nun líquido estacionario", cubriu o estudo do Movemento Browniano. Usando a daquela controvertida teoría cinética de fluídos estabeleceu que o fenómeno -falto dunha explicación satisfactoria décadas despois de ser observado- daba a evidencia empírica da realidade dos átomos. Tamén deu credibidilade á mecánica estatística, daquela controvertida.

Con anterioridade a este traballo, os átomos eran recoñecidos como un concepto útil, pero os físicos e os químicos debatían con acaloramento se os átomos existían realmente. A discusión estatística de Einstein do comportamento atómico deulles ós experimentadores unha vía de conteo de átomos usando só un microscopio ordinario. Wilhelm Ostwald, un dos líderes da escola anti-átomos, dixo despois a Arnold Sommerfeld que se convertera á crenza dos átomos pola completa explicación de Einstein do Movemento Browniano.

Efecto fotoeléctrico
editar
Artigo principal: Efecto fotoeléctrico.

O segundo artigo, intitulado "Sobre un punto de vista heurístico en relación coa produción e transformación da luz", propuxo a idea de "cuantos de luz" (agora chamados fotóns) e amosou que poden ser usados para explicar fenómenos como o efecto fotoeléctrico. A idea dos cuantos de luz fora exposta por derivación da lei do corpo negro por Max Planck, asumindo que a enerxía luminosa pode ser absorbida ou emitida só en cantidades discretas, chamadas cuantos. Einstein amosou que, asumindo que a luz consiste en paquetes discretos, podía explicar o misterioso efecto fotoeléctrico.

A idea dos cuantos de luz contradicía a teoría ondulatoria da luz que amosou de xeito natural James Clerk Maxwell nas súas ecuacións sobre o comportamento electromagnético e, de xeito máis xeral, a asunción da divisibilidade infinita da enerxía en sistemas físicos. Aínda despois de amosar os experimentos que as ecuacións de Einstein para o efecto fotoeléctrico eran adecuadas, a súa explicación non foi universalmente aceptada. No 1922, cando foi premidado co Premio Nobel e o seu traballo sobre o efecto fotoeléctrico foi mencionado polo nome, a maioría dos físicos pensaban xa que a ecuación (hf = Φ + Ek) era correcta e que os cuantos de luz eran posíbeis.

A teoría dos cuantos de luz foi unha forte indicación da dualidade onda-partícula, concepto que indica que os sistemas físicos presentan propiedades semellantes ás ondas e ás partículas, e que foi usado como principio fundamental polos creadores da mecánica cuántica. Unha perspectiva completa do efecto fotoeléctrico foi obtida só despois da madurez da mecánica cuántica.

Relatividade especial
editar
Artigo principal: Relatividade especial.

A terceira publicación de Einstein dese ano titulábase "Sobre a electrodinámica dos corpos en movemento". Cando estaba desenvolvendo o artigo, Einstein escribiu a Mileva sobre o seu "traballo en relación ó movemento relativo". Este artigo introduciu a Teoría da Relatividade Especial, na que se poñen en relación tempo, distancia, masa e enerxía (de xeito consistente co electromagnetismo), omitindo a forza da gravidade. A Relatividade especial (tamén chamada restrinxida) resolvía o quebracabezas aparente que resultaba do Experimento de Michelson-Morley, que amosou que as ondas de luz poden viaxar á mesma velocidade a través de calquera medio en movemento relativo ó "éter", creando unha serie de contradicións en torno ás propiedades que tiña que ter dito "éter", e rematando por descartar a súa existencia (téñase en conta que outras ondas, as de tipo mecánico, poden moverse a través de medios materiais como a auga ou o aire, pero variando a súa velocidade se dito medio está en movemento respecto ó observador). Así, a velocidade da luz no baleiro quedou fixada como unha constante universal, contradicindo a Mecánica clásica.

Algunhas das ideas básicas do artigo -as transformacións de Lorentz- foran introducidas un ano antes polo físico holandés Hendrik Lorentz, pero Einstein amosou o significado de dita matemática. A súa explicación xorde de dous axiomas: un é a vella idea galileana de que as leis da natureza deben ser as mesmas para todos os observadores que se moven con velocidade relativa constante. A outra, que a velocidade da luz (no baleiro) é a mesma para calquera observador. A Relatividade Especial tivo varias consecuencias impactantes, pois con ela son rexeitados os conceptos de tempo e espazo absolutos. A teoría foi chamada 'teoría da relatividade especial' para distinguila da posteriormente concibida 'Teoría Xeral da Relatividade', que considera a todos os observadores como equivalentes.

Equivalencia Masa-Enerxía
editar
Artigo principal: E=mc².

Un cuarto artigo, co título "a inercia dun corpo depende do seu contido de enerxía?", publicado a finais do 1905, amosaba unha nova fórmula (m = L/c²) a partir dos axiomas da relatividade, coñecida como a relación masa-enerxía. Aquela fórmula, trivialmente reescrita, é a famosa ecuación na que se expresa a enerxía (E) como equivalente á masa (m) multiplicada polo cadrado da velocidade da luz (c): E=mc². Einstein considerou esta ecuación de fundamental importancia pois amosaba que materia e enerxía están profundamente ligadas. A idea máis tarde probouse valiosa para entender como o Big Bang (a grande explosión que creou o Universo), que foi puramente dispersión de enerxía, pode conducir á formación dun universo cheo de materia ('maniféstase que a enerxía requirida para crear a materia é exactamente compensada pola enerxía potencial gravitacional negativa do universo).

A ecuación é citada como explicación da fenomenal cantidade de enerxía liberada polas armas atómicas no momento da súa explosión. A pesar de ser verdade (a masa residual dunha explosión nuclear é moi reducida cando a comparamos coa masa da arma orixinal, a diferenza convértese en enerxía, conforme a fórmula), a asociación máis común da fórmula E=mc² non é a mellor, pois exceptuando o aspecto de conversión enerxética, a teoría da relatividade non é chave para entender a física da fisión ou a fusión.

Conforme Umberto Bartocci (historiador matemático da Universidade de Perugia), a famosa ecuación foi publicada primeiro dous anos antes por Olinto De Pretto, un industrial da cidade de Vicenza, Italia. A pesar de ter De Pretto presentado a fórmula, foi Einstein quen a ligou á Teoría da Relatividade. Outros estudos demostraron que Einstein chegara a esta ecuación de xeito independente e descoñecendo os traballos doutros.

Anos intermedios

editar

En 1906, Einstein foi promovido a examinador de segunda clase. En 1908, Einstein licenciouse en Berna, Suíza como profesor e conferenciante, sen influencia no goberno da universidade. O segundo fillo de Einstein, Eduard, naceu o 28 de xullo de 1910. Separouse de Mileva ó 14 de febreiro de 1919 e casou coa súa prima Elsa Loewenthal (despois Elsa Einstein) ó 2 de xuño de 1919. Elsa e Einstein non tiveron fillos.

En 1914, antes do comezo da Primeira guerra mundial, Einstein mudouse a Berlín. As súas orixes pacifistas e xudías indignaron ós nacionalistas alemáns. Despois de tornarse famoso mundialmente o 7 de novembro de 1919, cando o xornal The Times anunciou o éxito da súa teoría gravitacional, os nacionalistas aumentaron máis o seu odio.

De 1914 a 1933 foi director do Instituto de Física Kaiser Wilhelm en Berlín, e nesta época recibiu o Premio Nobel de Física.

Relatividade xeral
editar
Artigo principal: Relatividade xeral.

En novembro de 1915, Einstein presentou unha serie de conferencias na Academia Prusiana de Ciencias, onde describiu a súa Teoría da Relatividade Xeral. A última conferencia (25 de novembro de 1915)presentou unha ecuación que substituía a lei da gravidade proposta por Isaac Newton. Esta teoría consideraba todos os observadores equivalentes, e non só os que se moven con velocidade uniforme. Na relatividade xeral, a gravidade non é unha forza, como afirmara Newton, senón a consecuencia da curvatura espazo-tempo. A teoría creou a base do estudo da cosmoloxía e deu ós científicos as ferramentas para a comprensión de moitos padróns do universo que só foron descubertos despois da morte de Einstein. A relatividade xeral tornouse un método de entender a física como un todo.

A relación de Einstein coa física cuántica foi notábel. Foi o primeiro (mesmo antes de Max Planck, o descubridor do quantum ou cuanto de enerxía) en dicir que a teoría dos quanta era revolucionaria. A súa idea do quanta de luz foi un marco na ruptura coa física clásica. En 1909, Einstein presentou o seu primeiro traballo a un grupo de físicos, dicíndolles que deberían atopar un xeito de entender ondas e partículas conxuntamente.

 
Einstein en 1921: dous espazos diferentes no encerado

No comezo da década de 1920, Einstein xa era a principal figura nun coloquio de físicos na Universidade de Berlín.

Interpretación de Copenhaguen
editar
 
Einstein en 1921

Na metade da década de 1920, cando a teoría orixinal dos quanta era substituída pola nova mecánica cuántica, Einstein recusou terminantemente a Interpretación de Copenhaguen sobre as novas ecuacións, pois establecían un comportamento físico medíbel de xeito probabilístico e non visualizábel. Einstein estaba en acordo con que a teoría era a mellor dispoñíbel, pero buscaba unha explicación máis "completa", ou sexa, determinística. Cría que a física describía as leis que gobernan as cousas reais, e que unha física como a que fora entendida ata entón podería manexar tamén átomos, fotóns e gravidade, e non quería abandonar as súas ideas.

A famosa cita, "A mecánica cuántica é con seguridade útil. Pero unha voz interior dime que non é aínda algo real. A teoría di moitas cousas, pero non nos proporciona un achegamento ó segredo do vello Un. Eu, de calquera xeito, estou convencido de que non é definitiva" apareceu no 1926, nunha carta a Max Born.

Non tiña rexeitamento das teorías probabilísticas per se. Einstein usou a análise estatística no seu traballo acerca do movemento Browniano e da fotoelectricidade. En traballos anteriores ó 1905, el mesmo comprobara algunhas teorías de Gibbs. Pero, no íntimo, non cría que a realidade da física se comportase aleatoriamente.

Estatística de Bose-Einstein
editar

En 1924, Einstein recibiu un curto artigo dun xove físico indio, Satyendra Nath Bose, que describía a luz como un feixe de fotóns, e pedía a aquiescencia de Einstein para a súa publicación. Einstein decatouse de que a mesma estatística podía ser aplicada ós átomos, e publicou un artigo en alemán (a 'lingua franca' da física naqueles tempos) que describía o modelo de Bose e explicaba as súas implicacións. A estatística de Bose-Einstein (así chamada agora) describe a reunión de partículas indistinguibles coñecidas como bosóns. Einstein tamén axudou a Erwin Schrödinger no desenvolvemento da distribución de Boltzmann, nunha mestura de modelos clásicos e cuánticos de partículas de gas, aínda que o labor realizado por el neste caso foi menos significativa que no caso anterior, e declinou a oferta de inclusión do seu nome como realizador do artigo.

Einstein en España
editar

Einstein foi convidado a dar unha xeira de conferencias en España. Chegou a Barcelona o 23 de febreiro de 1923 para dar unha conferencia no Institut d´Estudis Catalans, o 1 de marzo chegou a Madrid para dar unha conferencia na Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas predecesor do actual CSIC, e o 12 de outubro marchou a Zaragoza. En España coñeceu a Esteve Terradas que falaba perfectamente alemán[26]. En Madrid, recibiu o título Honoris Causa concedido pola Universidade Central.[27]

Con posterioridade á visita mencionada, con impacto nos medios, mais controvertida no que foi o seu impacto científico, no ano 1925 Einstein estivo de paso en Galicia, facendo escala na Coruña e Vigo no seu camiño a Hispanoamérica. Antes, no 1920, o xornal 'El Norte de Galicia' publicaba unha tradución sobre a relatividade, e no 1921 Xosé Fernández España, na Reunión Recreativa de Artesanos da Coruña daba unha conferencia sobre a relatividade, e en Vigo, Xulio Segovia Lapique, facía o propio na inauguración de curso da Escola de Artes e Oficios[28].

Derradeiros anos

editar

Einstein e o seu estudante Leo Szilard inventaron un tipo de refrixerador (xeralmente chamado "Refrixerador de Einstein") no 1926 [1] [2] que patentaron o 11 de novembro de 1930 co número US1781541. A patente cubría un ciclo de refrixeración termodinámica que subministra enfriamento sen partes móbiles só empregando o electromagnetismo, a presión constante, só con calor como entrada. O ciclo de refrixeración usa amoníaco, butano e auga. Comercialmente non tivo éxito polo molesto ruído que facía. Esta bomba electromagnética emprégase para refrixerar reactores nucleares.

Tras subir ó poder Adolf Hitler no 1933, Einstein foi acusado polo réxime nazi de crear unha "física xudía" e os físicos de ideoloxía nazi (incluíndo o Premio Nobel Johannes Stark) tentaron desacreditar as súas teorías. Por todo isto, Einstein emigrou ós Estados Unidos e, no 1935, obtivo a residencia permanente neste país. Aceptou un posto no Institute for Advanced Study en Princeton, Nova Jersey. Obtivo a cidadanía norteamericana no 1940 (mantendo ó tempo a cidadanía suíza).

Durante os corenta derradeiros anos, Einstein tratou de unificar gravidade e electromagnetismo de xeito clásico, aumentando o coñecemento sobre a mecánica cuántica. Mais, ó final da súa vida, xa estaban en marcha as teorías de unificación electrodébil, que nunca considerou, habendo quen especifica que "nos seus últimos anos, os seus coñecementos de física non eran xa abondos. Era imposible que obtivese resultados positivos".[29]

Princeton

editar

O seu traballo en Princeton estaba enfocado na unificación das leis da física. Einstein colleu como traballo a investigación da unificación das forzas fundamentais e adicou a súa estancia en Princeton a este tema. Non acadou o seu obxectivo, en parte porque as forzas forte e débil foron comprendidas de xeito independente sobre 1970, quince anos despois da súa morte. Non obstante, o seu traballo foi continuado cara á unificación das forzas, en camiño do que se levan dados diversos pasos, o derradeiro, a chamada Teoría de cordas.

Teoría Xeral da Gravitación

editar

Einstein comezou a crear a Teoría Xeral da Gravitación coa lei universal da gravitación e a forza electromagnética na súa primeira tentativa de amosar a unificación e a simplificación das forzas fundamentais. Na década de 1950, describiu o seu traballo nun artigo da revista Scientific American. Einstein guiouse pola crenza nunha única medida estatística da variación de todo o conxunto das leis da física e investigou propiedades semellantes das forzas electromagnéticas e gravitacionais, por seren infinitas no seu alcance e obedeceren á mesma razón inversa.

A teoría xeral da gravitación de Einstein é unha aproximación matemática á teoría dos campos. Investigouna reducindo os diferentes fenómenos por un proceso lóxico a unha única cousa máis coñecida ou evidente. Einstein tentou unificar a gravidade e o electromagnetismo nun xeito que conducira a un novo e enxeñoso entendemento da mecánica cuántica.

Einstein asumiu unha estrutura de catro dimensións espazo-temporais continua, expresábel en axiomas representados en función de catro vectores. As partículas aparecen nas súas investigacións como unha rexión limitada do espazo en que o campo de forza ou a densidade de enerxía son particularmente elevadas. Einstein tratou as partículas subatómicas nesta investigación como obxectos encaixados no campo unificado, influenciándoo e existindo como un constituínte esencial do campo unificado, pero de xeito separado ó mesmo campo. Einstein tamén investigou unha xeneralización natural dos campos de tensión simétricos, tratando a combinación das dúas partes do campo como un proceso natural do campo como un todo, e non as partes simétricas e antisimétricas de xeito separado. Procurou un xeito de formular as ecuacións para que derivasen dun principio variacional.

Einstein tornouse máis e máis illado na súa procura sobre unha Teoría Xeral da Gravitación (sendo caracterizado como un "científico tolo" por estes esforzos) e non obtivo éxito na súa tentativa de construír unha teoría que unificase a Relatividade Xeral e a mecánica cuántica.

Anos finais

editar

En 1952, o goberno de Israel propúxolle a Einstein o posto de vicepresidente. El rexeitou a oferta.

Faleceu en Princeton en 1955, deixando a Teoría Xeral da Gravitación sen resolver. Foi incinerado o mesmo día 18 de abril de 1955 en Trenton, Nova Jersey.

Visión política

editar
 
Casa de Einstein en Berlín

Einstein considerouse a si mesmo un pacifista[30] e humanista.[31] As súas visións sobre outros temas, como o socialismo ou o McCartismo e o racismo eran claras. Socialista e fortemente anticapitalista[32], tamén chamou a antención sobre a deriva fascista do estado israelí[33].

O FBI estadounidense creou un ficheiro con 1.427 páxinas acerca das súas actividades e recomendou que se lle prohibira inmigrar ós Estados Unidos, pois as súas ideas 'traerían a anarquía' e 'un goberno só no nome' segundo palabras do relatorio.[34] Einstein inicialmente apoiou a construción dunha bomba atómica para que Hitler non a tivese primeiro, e mandou unha carta ó presidente Franklin Delano Roosevelt ó 2 de agosto de 1939 (antes da Segunda guerra mundial) animándoo ó inicio dun programa para a súa construción. Pero despois da guerra, pasou a militar polo desarme nuclear.

A súa visión relixiosa era próxima á do panteísmo de Baruch Spinoza: cría que Deus se revelou na harmonía das leis da natureza, e rexeitaba un Deus capaz de interactuar cos seres humanos.

Albert Einstein legou os seus manuscritos á Universidade Hebrea de Xerusalén.

  1. "Albert Einstein's nationality" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2015. Naceu con nacionalidade alemá, logo foi un tempo apátrida, despois nacionalizouse suízo e finalmente adquiriu a nacionalidade estadounidense 
  2. Whittaker, Edmund (1 de novembro de 1955). "Albert Einstein. 1879-1955". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society (en inglés) (The Royal Society) 1: 36–67. ISSN 0080-4606. doi:10.1098/rsbm.1955.0005. 
  3. Yang, Fujia; Hamilton, Joseph H. (2010). Modern Atomic and Nuclear Physics (en inglés). World Scientific. p. 274. ISBN 978-981-4277-16-7. 
  4. Howard, Don A., ed. (2014) [2004]. "Einstein's Philosophy of Science". Stanford Encyclopedia of Philosophy (en inglés). CSLI, Stanford University. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  5. Howard, Don A. (2005). "Albert Einstein as a Philosopher of Science" (PDF). Physics Today (en inglés) (American Institute of Physics) 58 (12): 34–40. Bibcode:2005PhT....58l..34H. ISSN 0031-9228. doi:10.1063/1.2169442. Consultado o 8 de marzo de 2015 – vía University of Notre Dame. 
  6. Bodanis, David (2000). E = mc2: A Biography of the World's Most Famous Equation (en inglés). New York: Walker. 
  7. 7,0 7,1 "Scientific Background on the Nobel Prize in Physics 2011. The accelerating universe" (PDF) (en inglés). Nobel Media AB. p. 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de agosto de 2015. Consultado o 4 de xaneiro de 2015 – vía Nobelprize.org. 
  8. "Albert Einstein Biography". Biography.com (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2015. 
  9. "The Nobel Prize in Physics 1921" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2004. Consultado o 12 de xaneiro de 2004. 
  10. "Albert Einstein - Questions and Answers". www.nobelprize.org. Consultado o 2015-11-25. 
  11. Paul Arthur Schilpp, ed. (1951). Albert Einstein: Philosopher-Scientist (en inglés) II. Nova York: Harper and Brothers. pp. 730–746. .
  12. Pais, Abraham; Penrose, Roger (2005). Subtle Is the Lord: The Science and the Life of Albert Einstein (en inglés). p. 16. ISBN 0-19-280672-6. 
  13. "IUPAC Gold Book - einstein". goldbook.iupac.org. Consultado o 2015-11-25. 
  14. Folsing, Albrecht (1997). Albert Einstein: a biography (en inglés). Nova York: Viking. p. 299. 
  15. "Einsteinium". Periodic Table of Elements (en inglés). Los Alamos National Laboratory. Consultado o 30 de xullo de 2015. Einsteinium is named after Albert Einstein 
  16. Alice Calaprice e Trevor Lipscombe, Albert Einstein: A Biography, 2005, páxina XV, ISBN 0-313-33080-8
  17. Jürgen Neffe Einstein - eine Biographie. Rowohlt, 2005, ISBN 3-499-61937-7.
  18. Schilpp (Ed.) Albert Einstein — Autobiographical Notes. Open Court Publishing Company, 1979, pp. 8–9.
  19. Thomas Sowell The Einstein Syndrome: Bright Children Who Talk Late. Basic Books, 2001, pp. 89–150. ISBN 0-465-08140-1
  20. Mark A. Runco e Steven R. Pritzker Encyclopedia of Creativity i-z, 1999, páxina 644, ISBN 0-12-227075-4
  21. Abraham Pais, Roger Penrose, páxina 39
  22. Roger Highfield e Paul Carter, The Private Lives of Albert Einstein, London: Faber and Faber, 1993, p. 21, ISBN 0-571-17170-2
  23. J. Renn & R. Schulmann, Albert Einstein/Mileva Marić: The Love Letters, 1992, pp. 73–74, 78.
  24. A. Calaprice & T. Lipscombe, Albert Einstein: A Biography, 2005, pp. 22–23.
  25. Urs Wüthrich (11 April 2015). "Die Liebesbriefe des untreuen Einstein" [The love letters of the unfaithful Einstein]. BZ Berner Zeitung (en German) (Bern, Switzerland). Consultado o 2015-04-11. Ich denke in innigster Liebe an Dich in jeder freien Minute und bin so unglücklich, wie nur ein Mensch es sein kann. 
  26. Tecnología Obsoleta (ed.). "Einstein en España". Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  27. Olmedo de Cerdá, María Francisca (2004). Anecdotario histórico español. Valencia: Carena Editors. p. 57. ISBN 84-87398-93-6. 
  28. Francisco Díaz-Fierros (4/7/2017). "Einstein en Galicia". Consultado o 12/7/2017. 
  29. Glashow, Sheldon L. (1994). Interacciones : una visión del mundo desde el encanto de los átomos. Barcelona: Tusquets. p. 378. ISBN 84-7223-429-0. OCLC 43732833. 
  30. "Peace and War". amnh.org/ (en inglés). 4 de febreiro de 2005. Archived from the original on 04 de febreiro de 2005. Consultado o 4 de xuño de 2024. 
  31. "Global Citizen". amnh.org (en inglés). 4 de febreiro de 2005. Archived from the original on 04 de febreiro de 2005. Consultado o 4 de xuño de 2024. 
  32. Por que socialismo? (en castelán). Orixinal en inglés, publicado no primeiro número da revista Monthly Review (maio de 1949).
  33. Carta publicada no New York Times Arquivado 09 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. o 2 de decembro de 1948, asinada por Einstein canda outras personalidades xudeas.
  34. "Albert Einstein". foia.fbi.gov (en inglés). 10 de agosto de 2004. Archived from the original on 10 de agosto de 2004. Consultado o 4 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Bibliografía xeral

editar

Einstein e a teoría da relatividade

editar

Material dixital

editar
  • Byron Preiss Multimedia. (2001). Einstein y su teoría de la relatividad. "Colección Ciencia Activa". Anaya Multimedia-Anaya Interactiva. Madrid, España. ISBN 84-415-0247-1. (dous CD e un manual).

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
 
Einstein, 1920
Páxinas sobre Einstein
Arquivos
Textos e imaxes
Goberno
Predecesor:
Charles Edouard Guillaume
Premio Nobel de Física
 

1921
Sucesor:
Niels Bohr