Arnold Sommerfeld

físico alemán

Arnold Sommerfeld , nado en Königsberg o 5 de decembro de 1868 e finado en Múnic o 26 de abril de 1951, foi un físico alemán que introduciu a constante da estrutura fina en 1919.[1] Ademais das súas achegas como científico nos campos da física atómica e da física cuántica, é salientable o seu labor como docente, sendo director de teses de doutoramento de numerosos futuros gañadores do premio Nobel tanto en física como en química.[2]

Infotaula de personaArnold Sommerfeld

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Arnold Johannes Wilhelm Sommerfeld Editar o valor em Wikidata
5 de decembro de 1868 Editar o valor em Wikidata
Königsberg, Prusia Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1951 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Múnic, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaNordfriedhof (Munique) (pt) Traducir, M-re-387 48°10′30″N 11°36′11″L / 48.175, 11.6031 Editar o valor em Wikidata
Geheimrat (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Königsberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tese académicaQ63922368 Traducir Editar o valor em Wikidata (1891 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseFerdinand von Lindemann (pt) Traducir e Felix Klein Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEspectroscopia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Múnic
Aquisgrán Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico teórico , profesor universitario , matemático , físico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic (1906–1947)
Universidade Técnica de Aachen (pt) Traducir (1900–1906)
Clausthal University of Technology (en) Traducir (1897–1900)
Universidade de Gotinga (1895–1897) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresFerdinand von Lindemann (pt) Traducir e Niels Bohr Editar o valor em Wikidata
AlumnosLinus Pauling, Peter Debye, Hans Bethe, Alfred Landé (pt) Traducir, Wojciech Rubinowicz (pt) Traducir e Werner Romberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Participou en
19111st Solvay Conference on Physics (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoPaul Peter Ewald (pt) Traducir, Wolfgang Pauli, Gregor Wentzel (pt) Traducir, Wojciech Rubinowicz (pt) Traducir, Otto Laporte (pt) Traducir, Peter Debye, Hans Bethe, Werner Heisenberg, Karl Apfelbacher (pt) Traducir, Wilmer Lanier Barrow (pt) Traducir, Friedrich Burmeister (pt) Traducir, Paul Sophus Epstein (pt) Traducir, Walter Franz (pt) Traducir, Herbert Fröhlich (pt) Traducir, Erwin Fues (pt) Traducir, Ernst Guillemin (pt) Traducir, Walter Heitler (pt) Traducir, Karl Herzfeld (pt) Traducir, Dimitrios Chondros (en) Traducir, Helmut Hönl (pt) Traducir, Ludwig Hopf, Adolf Kratzer (pt) Traducir, Alfred Landé (pt) Traducir, Wilhelm Lenz (pt) Traducir, Herman March (pt) Traducir, Josef Meixner (pt) Traducir, Valentin Scheidel (en) Traducir, Karl Seebach, Rudolf Seeliger (pt) Traducir, Bruno Thüring (pt) Traducir, Albrecht Unsöld (pt) Traducir, Ludwig Waldmann (pt) Traducir, Heinrich Welker (pt) Traducir, Herman March (pt) Traducir, Erwin Fues (pt) Traducir, Walter Heitler (pt) Traducir, Karl Seebach, Rudolf Seeliger (pt) Traducir, Adolf Kratzer (pt) Traducir, Valentin Scheidel (en) Traducir, Josef Meixner (pt) Traducir, Ludwig Hopf, Dimitrios Chondros (en) Traducir, Herbert Lang (en) Traducir, Kurt Urban (en) Traducir, Franz Pauer (en) Traducir e Hermann Brück (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeJohanna Sommerfeld (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Sommerfeld-146

Traxectoria editar

Arnold Sommerfield naceu en Königsberg, onde estudou matemáticas. En 1891 cambiouse á Universidade de Gotinga, universidade na que obtivo unha cátedra en 1896. Dende 1897 exerceu como profesor da universidade Clausthal-Zellerfeld, e en 1900 como profesor de enxeñaría técnica na universidade de Aquisgrán, onde desenvolveu a súa teoría da lubricación hidrodinámica.[3]

O primeiro traballo de Sommerfeld baixo a supervisión de Klein foi un impresionante artigo sobre a teoría matemática da difracción, que incluía unha importante parte teórica sobre as ecuacións diferenciais. Outros traballos importantes trataron sobre o estudo da propagación das ondas electromagnéticas en cables e sobre o estudo do campo producido por un electrón en movemento.[2]

En 1921 visitou Madrid, e sendo sabedor dos descubrimentos de Miguel Catalán, interesouse por coñecelo persoalmente. Na primeira entrevista, Catalán non tivo ningún reparo en facerlle entrega dunha copia do seu traballo sobre o manganeso, antes de publicalo.[4]

En 1927 Sommerfield aplicou as estatísticas de Fermi-Dirac ao modelo de Drude dos electróns nos metais. A nova teoría resolvía moitos dos problemas, predicindo as propiedades térmicas dos metais.

Entre os seus alumnos de doutoramento figuraron destacados científicos, como Peter Debye (en 1908), Paul Ewald (en 1912), Wolfgang Pauli (en 1921), Werner Heisenberg (en 1923), ou Hans Bethe (en 1928). En total, supervisou preto de trinta teses de doutoramento durante os seus anos na Universidade de Múnic.<[2]

Sommerfeld morreu en 1951 en Múnic por mor das feridas dun accidente de tráfico mentres paseaba co seu neto.[5]

Eponimia editar

Ademais dos distintos conceptos científicos que levan o seu nome, bautizáronse na súa memoria o cráter lunar Sommerfeld[6] e o asteroide (32809) Sommerfeld.[7]

Notas editar

  1. "Arnold Sommerfeld". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Arnold Sommerfeld". MacTutor History of Mathematics archive. University of St Andrews. .
  3. "Universidad de Navarra. Cojinetes Hidrodinámicos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  4. As relacións de Catalán con Sommerfeld son analizadas por Sánchez Ron no seu artigo Miguel Catalán y Arnold Sommerfeld Revista española de física, ISSN 0213-862X, Vol. 8, n.º 3, 1994, páx. 52-55, e tamén son comentadas por Manuel Josep Traver Ribes na súa tese de doutoramento La historia de les ciències en l'ensenyament de la física y la química.
  5. "University of Texas Cécile DeWitt-Morette December 21 1922–May 8, 2017". The History of the University of Texas at Austin Department of Physics. [letter from] PROF. DR. W. PAULI. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019. Just now I had a sad experience: my old teacher Sommerfeld died this week in Munich as a consequence of a street accident in the age of 82. 
  6. Sommerfeld
  7. Web de jpl. "(32809) Sommerfeld". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar