Niels Bohr
Niels (Henrik David) Bohr, nado en Copenhague o 7 de outubro de 1885 e finado na mesma cidade o 18 de novembro de 1962, foi un físico dinamarqués que ideou o modelo atómico precursor do actual e fixo outras contribucións fundamentais para o coñecemento da estrutura atómica e a mecánica cuántica.
Niels Bohr | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Niels Henrik David Bohr |
Alcume | Nicholas Baker |
Nacemento | 7 de outubro de 1885 |
Lugar de nacemento | Copenhague |
Falecemento | 18 de novembro de 1962 |
Lugar de falecemento | Copenhague |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Soterrado | Assistens Kirkegård |
Nacionalidade | Dinamarca |
Alma máter | Universidade de Copenhague, Trinity College e Universidade de Cambridge |
Ocupación | físico, profesor universitario, científico nuclear, filósofo da ciencia, futbolista e químico |
Pai | Christian Bohr |
Nai | Ellen Adler |
Cónxuxe | Margrethe Nörlund |
Fillos | Ernest Bohr, Erik Bohr, Hans Bohr e Aage Niels Bohr |
Irmáns | Harald Bohr |
Coñecido por | Contribucións para a comprensión da estrutura do átomo |
Premios | Premio Nobel de Física, Medalla Franklin, Orde do Elefante, Premio Átomos pola Paz, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Medalla de Ouro Internacional Nield Bohr, Medalla Copley, Prêmio Faraday, Medalla Max Planck, Knight Grand Cross of the Order of the Falcon, Medalha Hughes, Medalha Helmholtz, Medalla Matteucci, Honorary doctor of the University of Zagreb, honorary doctorate of Technion, honorary doctor of the Technical University of Denmark, Guthrie Lecture, Foreign Member of the Royal Society, Ordem de Dannebrog, Ordem do Falcão, Ordem de Santo Olavo, Oficial da Lexión de Honra, Silliman Memorial Lectures e honorary doctor of the University of Warsaw |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Seu pai, Christian Bohr, devoto luterán, era profesor de fisioloxía na Universidade de Copenhague, mentres a súa nai, Ellen Adler Bohr, proviña dunha rica familia de orixe xudía destacada na banca e nos círculos parlamentarios. Era irmán do matemático e futbolista Harald Bohr, medallista olímpico coa selección dinamarquesa nos Xogos Olímpicos de 1908. Niels Bohr tamén era un apaixonado xogador de fútbol, chegando a xogar os dous irmáns numerosos partidos no Akademisk Boldklub.
Contribucións máis notoriasEditar
- Modelo atómico de Bohr
- O momento angular orbital do electrón está cuantizado; L=nħ.
- A teoría de que os electróns viaxan en órbitas discretas arredor do núcleo atómico e que as propiedades químicas do elemento veñen determinadas en boa medida polo número de electróns de cada unha das órbitas exteriores.
- A idea de que un electrón podía caer desde uha órbita de maior enerxía a unha de menor enerxía emitindo un fotón (quanto de luz) de enerxía discreta (isto tornouse na base da teoría cuántica). Estableceu órbitas fixas cuantizadas para os electróns no átomo, co cambio das que se desprendería ou collería enerxía tamén cuantizada segundo as regras de Planck.
- Moito traballo na interpretación de Copenhaguen da mecánica cuántica.
- O principio da complementariedade: que os ítems poden ser analizados por separado como se tivesen varias propiedades contraditorias.
Niels Bohr recibiu o Premio Nobel de Física polo seu traballo en 1922.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Niels Bohr |
A Galicitas posúe citas sobre: Niels Bohr |