Abrir o menú principal

Oskar Klein, nado en Danderyd o 15 de setembro de 1894 e finado en Estocolmo o 5 de febreiro de 1977, foi un físico teórico sueco.

Oskar Klein
Oskar Klein.jpg
Nacemento15 de setembro de 1894
 Estocolmo
Falecemento5 de febreiro de 1977
 Estocolmo
SoterradoJewish cemetery
NacionalidadeSuecia
Alma máterUniversidade de Estocolmo
Ocupaciónfísico, catedrático de universidade e físico teórico
PaiGottlieb Klein
FillosBirgit Arrhenius e Ernst Klein
IrmánsErnst Klein
PremiosMedalla Max Planck e Björkén Prize
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Naceu na periferia de Estocolmo, fillo dun rabino, o Dr. Gottlieb Klein, e de Antonie (Toni) Levy. Foi discípulo de Svante Arrhenius no Instituo Nobel, e seguiu os pasos de Jean-Baptiste Perrin en Francia cando estalou a I Guerra Mundial, converténdose en militar.

A partir de 1917 traballou uns poucos anos con Niels Bohr en Copenhaguen e obtivo o seu doutoramento na universidade de Estocolmo no 1921. No 1923 pasou a ser profesor na Universidade de Micihigan en Ann Arbor, trasladándose alí coa súa muller Gerda Koch (con quen casara pouco antes) dende Dinamarca. Klein volveu a Copenhaguen no 1925, pasando algún tempo con Paul Ehrenfest en Leiden, despois do que foi docente na Universidade de Lund no 1926, e no 1930 aceptou a oferta da cátedra de física na Universidade de Estocolmo, ostentada por Ivar Fredholm ata a súa morte no 1927; Klein retirouse como profesor emérito no 1962. Foi galardoado coa medalla Max Planck no 1959.

Klein ten acreditado a idea, parte da teoría Kaluza-Klein, que dimensións extra poden ser fisicamente reais, pero curvadas en bucles moi pequenos, unha idea esencial da teoría de cordas / Teoría M.

Durante a Segunda Guerra Mundial axudou a grupos xudeus a escapar de Alemaña.

A Lectura Memorial Oskar Klein, mantida de xeito anual na Universidade de Estocolmo, foi establecida na súa honra.

Véxase taménEditar