Lev Davidovich Landau (en ruso Лев Давидович Ландау), nado en Bakú o 22 de xaneiro de 1908 e finado en Moscova o 1 de abril de 1968, foi un físico e matemático soviético galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1962.

Infotaula de personaLev Landau

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalLev Davidovich Landau
Biografía
Nacemento(ru) Лев Давидович Ландау Editar o valor em Wikidata
9 de xaneiro de 1908 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Bakú (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte1 de abril de 1968 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Moscova (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Doenza intestinal Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii, Sector 5 55°43′28″N 37°33′17″L / 55.724397, 37.554604 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
República Democrática de Acerbaixán
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculty of Physics and Mathematics of the Saint Petersburg University (en) Traducir (1924–1927)
Universidade Estatal de Bakú (1922–1924)
Baku Polytechnicum (en) Traducir (1921–1922) Editar o valor em Wikidata
Director de teseAbram Ioffe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica teórica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , profesor universitario , físico teórico , escritor de non ficción , inventor , matemático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de Moscova (1943–1947)
P.L. Kapitza Institute for Physical Problems RAS (en) Traducir (1939–1962)
Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova (1937–1938)
Universidade Nacional da Carcóvia (pt) Traducir (1935–1937)
Instituto de Física e Tecnologia de Kharkiv (pt) Traducir (1932–1935)
Instituto Ioffe (pt) Traducir (1931–1932) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresNiels Bohr Editar o valor em Wikidata
AlumnosIgor Dzyaloshinsky (en) Traducir, Aleksandr Ilyich Akhiezer (pt) Traducir, Alekséi Alekséyevich Abrikósov, Lev Petrovich Pitaevskii (en) Traducir, Isaak Pomeranchuk (pt) Traducir, Ilya Lifshitz (en) Traducir, Evgeny Lifshitz (pt) Traducir, Arkady Migdal (pt) Traducir, Isaak Markovich Khalatnikov (pt) Traducir, Yury Kagan (en) Traducir e László Tisza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, lingua inglesa, lingua alemá, lingua francesa e lingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoYakov Smorodinskii (pt) Traducir, Alekséi Alekséyevich Abrikósov, Aleksandr Ilyich Akhiezer (pt) Traducir, Mark Azbel (pt) Traducir, Isaak Pomeranchuk (pt) Traducir, Isaak Markovich Khalatnikov (pt) Traducir, Iakov Zeldovich, Alexander Patashinski (pt) Traducir, Roald Sagdeev (pt) Traducir e Alexander Andreev (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeKonkordija Terentʹevna Landau-Drobanceva (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
NaiQ18786020 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: c249f7ee-27bd-431c-a2c5-ef33853cfe3c Discogs: 4362700 WikiTree: Landau-181 Find a Grave: 8050669 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Bakú, hoxe en día capital de Acerbaixán e entón parte do Imperio Ruso, nunha familia de ascendencia xudía. Cando era novo tivo interese nas matemáticas, ingresando en 1922 na Universidade Estatal de Bakú estudando á vez física, matemáticas e química. En 1924 trasladouse á Universidade Estatal de San Petersburgo e en 1927 licenciouse en física.

A escola Landau editar

En 1929 realizou unha viaxe a Copenhague para coñecer a Niels Bohr co cal discutiu longamente sobre física teórica, introducindo a gran tradición na física teórica na Unión Soviética. Tivo un amplo campo de traballo, que inclúe a teoría da supercondutividade e a superfluidez, a electrodinámica cuántica, a física nuclear e a física de partículas. Foi a cabeza da división teórica do Instituto para os Problemas Físicos a partir de 1937, cargo que ocupou ata o ano 1962 que, como resultado dun accidente de coche no cal sufriu lesións das cales nunca se recuperou, renunciou ao seu cargo. Baixo as súas ordes tivo un bo grupo de investigadores como Lev Pitaevskii, Alexei Alexeevich Abrikosov, Evgeny Lifshitz, Lev Gorkov, Isaak Khalatnikov ou Boris Ioffe.

Foi arrestado por mandato de Iosif Stalin e Lavrenti Beria durante a Gran Purga de 1938, sendo expulsado de Moscova entre o 27 de abril daquel ano e o 29 de abril de 1939, tras a intervención do físico Petr Kapitsa.

Obtivo o Premio Nobel de Física no ano 1962 pola súa teoría da materia condensada, en particular do helio líquido. En compañía de Evgeny Lifshitz realizou unha gran tarefa de difusión científica a través de series de libros de texto.

Recoñecementos editar

Na súa honra denominouse o cráter Landau da Lúa así como o asteroide (2142) Landau descuberto o 3 de abril de 1972 por Lyudmila Chernykh.

Véxase tamén editar


Outros artigos editar

Ligazóns externas editar