Hendrik Anthony Kramers
Hendrik Anthony Kramers, tamén coñecido como Hans Kramers, nado en Rotterdam o 2 de febreiro de 1894 e finado o 24 de abril de 1952, foi un físico neerlandés que traballou xunto a Niels Bohr na investigación da interacción de ondas electromagnéticas.
Hendrik Anthony Kramers | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Hendrik Anthonie Kramers |
Alcume | Hans Kramers |
Nacemento | 2 de febreiro de 1894, 17 de decembro de 1894, 2 de decembro de 1894 e 1894 |
Lugar de nacemento | Rotterdam |
Falecemento | 24 de abril de 1952 e 1952 |
Lugar de falecemento | Oegstgeest |
Nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Alma máter | Universidade de Leiden e Universidade de Copenhague |
Ocupación | físico teórico, físico e profesor universitario |
Irmáns | Johannes Hendrik Kramers |
Coñecido por | relações de Kramers–Kronig, expansão de Kramers–Moya, Kramers–Heisenberg formula, Teorema de Kramers, Kramers–Wannier duality, Kramers' opacity law e Kramers' law |
Premios | Medalha Lorentz e Medalha Hughes |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tras case dez anos traballando no grupo de Bohr e tras converterse en profesor asociado na Universidade de Copenhagen, Kramers pasou a traballar como profesor de física teórica na Universidade de Utrecht, onde supervisou a Tjalling Koopmans. En 1934 converteuse no sucesor de Paul Ehrenfest en Leiden, mantendo tamén dende 1931 un posto na Universidade de Tecnoloxía de Delft.
En 1925 desenvolveu xunto a Werner Heisenberg a fórmula Kramers–Heisenberg da dispersión. Tamén se lle acredita[1] a introdución en 1948[2] do concepto da renormalización na teoría de campos cuánticos, malia que nunha aproximación non relativista.[1]. Desenvolveu tamén as relacións Kramers-Kronig en colaboración con Ralph Kronig.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Jagdish Mehra, Helmut Rechenberg, The Conceptual Completion and Extensions of Quantum Mechanics 1932-1941. Epilogue: Aspects of the Further Development of Quantum Theory 1942-1999: Volumes 6, Part 2, Springer, 2001, p. 1050.
- ↑ Laurie M. Brown (ed.), Renormalization: From Lorentz to Landau (and Beyond), Springer, 2012, p. 53).
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hendrik Anthony Kramers |
Bibliografía editar
- Dresden, Max (1987). H.A. Kramers – Between Tradition and Revolution. Springer. ISBN 0-387-96282-4.
- Belinfante, F. J.; ter Haar, D. (1952). "Hendrik Anthony Kramers: 1894–1952". Science 116 (3021): 555–556. Bibcode:1952Sci...116..555B. doi:10.1126/science.116.3021.555.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |