IUPAP
A IUPAP (Unión Internacional de Física Pura e Aplicada, nas súas siglas inglesas) é unha asociación fundada en 1922 que ten como obxectivos a promoción da cooperación internacional no campo da Física, a difusión dos coñecementos científicos, a normalización de símbolos, unidades, nomenclatura e patróns, e a libre circulación de científicos.
Ten Comisións internacionais, Comisións internacionais asociadas e participa en Comisións mixtas con outras Unións Científicas.
A IUPAP é membro do Consello Internacional para as Ciencias (ICSU, International Council for Science).
O seu presidente é o doutor Y. Petroff, e ten a súa sede na American Physical Society (APS, Sociedade Estadounidense de Física).