Nomenclatura

sistema de nomes ou termos nun campo particular das artes ou ciencias

A nomenclatura é o conxunto de nomes ou termos propios dunha determinada disciplina científica ou artística, así como a metodoloxía adoptada para a asignación de nomes.

Exemplos editar

En química, a nomenclatura de elementos e compostos químicos é o sistema de asignación de nomes a substancias químicas, coordinada pola IUPAC. En física encárgase da coordinación necesaria a IUPAP. Moitas linguas teñen institucións encargadas de controlar e ordenar a variación ordenada do idioma, como a Real Academia Galega para a lingua galega.