Difusión
En fisioloxía, a difusión é o mecanismo de transporte de moitas das moléculas, ións, solutos e líquidos corporais. Estes están en movemento constante, de xeito que cada unha delas se move de maneira independente. O movemento non se interrompe agás que a temperatura sexa 0 absoluto.
Se unha molécula A se achega a unha molécula estacionaria B, as forzas electrostáticas e outras forzas nucleares da molécula A, exercen un efecto de repulsión, transferíndose enerxía da A á B. Por iso, a molécula B recibe parte de enerxía da A, facendo que esta se enlenteza ao perder parte da enerxía cinética.
En calquera solución, os solutos están movéndose constantemente, chocando unhas con outras unha e outra vez. A este movemento denomínaselle en fisioloxía, difusión.
Os ións móvense do mesmo xeito. As substancias coloides tamén, pero a menor velocidade, debido ao seu maior tamaño.
Difusión a través de membrana
editar- Artigo principal: Difusión a través de membrana celular.
Consiste no paso de diversas substancias a través da membrana plasmática. Posúe dúas variantes: a difusión sinxela e a facilitada. A difusión sinxela consiste no paso das substancias directamente, a través de aperturas da membrana ou dos espazos intermoleculares sen que exista interacción con transportadores de membrana. A velocidade á que difunden depende da concentración da substancia, da velocidade de movemento cinético e o número e tamaño das aperturas da membrana.
A difusión facilitada precisa da interacción dunha proteína transportadora, que axuda ao paso das substancias. Non precisa de enerxía.
Difusión a través de canais proteicos
editar- Artigo principal: Difusión a través de canais proteicos.
Consiste no paso de substancias a través de canais de natureza proteica, consumindo enerxía en forma de ATP.
Osmose
editar- Artigo principal: Osmose.
É a difusión neta de auga a través dunha membrana semipermeable.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Tradado de Fisiología Médica. Guyton. Undécima edición. ISBN 84-8174-926-5 (en castelán)