Norma de calidade

As normas de calidade son unhas especificacións técnicas, ou calquera outro documento accesíbel ao público, que teñen como obxectivo o grao de cumprimento das expectativas dun cliente ou usuario.

Normas ISO de calidade Editar

As normas ISO da Organización Internacional para a Estandarización de calidade son un grupo de normas internacionais pensadas para a implantación e aseguramento dun sistema de calidade nunha empresa. Isto comporta a capacidade do sistema de someterse a auditorías externas do cliente ou dun organismo terceiro contratado por este. No Estado español desígnanse: UNE-EN-ISO 9000 / 1 / 2 / 3.

As normas internacionais ISO especifican os requisitos que debe cumprir un sistema de calidade cando un contrato entre dúas partes esixe que se demostre a capacidade para deseñar e subministrar un servizo ou produto.

Os protocolos de ISO, requiren que todas as normas sexan revisadas como mínimo cada cinco anos para determinar se deben ser confirmadas, modificadas ou retiradas.