Manne Siegbahn
Karl Manne Georg Siegbahn, nado en Örebro o 3 de decembro de 1886 e finado en Estocolmo o 26 de setembro de 1978, foi un físico sueco que recibiu en 1924 o Premio Nobel de Física.
Manne Siegbahn ![]() | |
---|---|
![]() Karl Manne Georg Siegbahn | |
Datos persoais | |
Nome completo | Karl Manne Georg Siegbahn |
Nacemento | 3 de decembro de 1886 |
Lugar | ![]() |
Falecemento | 26 de setembro de 1972 (85 anos) |
Lugar | ![]() |
Soterrado | Engelbrektskyrkans kolumbarium |
Nacionalidade | Suecia |
Cónxuxe | Karin Högbom |
Fillos | Bo Siegbahn Kai Siegbahn |
Actividade | |
Campo | Física |
Alma máter | Universidade de Lund e Norra Real |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | X-ray spectroscopy |
Premios | ![]() |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Karl Manne Siegbahn foi nomeado doutor en 1911 na Universidade de Lund. O título da súa tese foi Magnetische Feldmessungen (Medidas do campo magnético). Foi premiado coa medalla Hughes en 1934 e coa medalla Rumford en 1940.
Casou con Karin Högbom en 1914 e tiveron dous fillos: Bo Siegbahn (diplomado, nado en 1915) e Kai M. Siegbahn (físico, nado en 1918). Este último tamén recibiu o Premio Nobel de física en 1981.
Investigacións científicas Editar
As súas investigacións científicas céntranse no ámbito da espectroscopia mediante raios X, razón pola que foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1924.
Recoñecementos Editar
Na súa honra bautizouse ao asteroide (10446) Siegbahn descuberto o 16 de outubro de 1977 por Cornelis Johannes van Houten, Ingrid van Houten-Groeneveld e Tom Gehrels.