Xogos Olímpicos de 1908

Despois da realización dos xogos intermedios de 1906 en Grecia, considerados non oficiais e que non tiveron os seus resultados computados polo Comité Olímpico Internacional, os Xogos da IV Olimpíada foron realizados en Londres, Gran Bretaña, entre o 27 de abril e o 31 de outubro de 1908. Orixinalmente deberían ter sido realizados en Roma, mais unha erupción do volcán Vesuvio obrigou ás autoridades italianas a usar todos os seus recursos económicos para combater os efectos da traxedia e a desistir de albergar os Xogos, que acabaron por ser transferidos á capital británica.

Xogos Olímpicos de 1908
SedeLondres, Reino Unido
Nacións22
Atletas2 008 (1 971 homes, 37 mulleres)
Eventos110 en 22 deportes (24 disciplinas)
Apertura27 de abril de 1908
Clasura31 de outubro de 1908
Inaugurado porEduardo VII do Reino Unido[1]
EstadioWhite City Stadium

Considerados os primeiros Xogos realmente ben organizados para un evento desta envergadura, despois dos fracasados e improvisados Xogos de París e Saint Louis, a pesar de ter novamente a súa duración alongada por máis de seis meses, obtiveron o empeño persoal do Rei de Inglaterra para a súa realización e se desenvolveron no primeiro complexo olímpico construído, o Shepperd’s Bush Stadium, en White City, suburbio de Londres, con capacidade para cen mil espectadores e que constaba de estadio de fútbol, pista de atletismo, piscina, pista de ciclismo e instalacións para a ximnasia e a loita.

Inaugurados polo Rei Eduardo VII, os Xogos tiveron a participación de 22 estados e 2.008 atletas, entre eles 37 mulleres, que disputaron probas en tres deportes diferentes: tenis, ximnasia e patinaxe no xeo, embrión dos futuros Xogos de Inverno, do total de 24 modalidades. Foi nestes Xogos nos que Gran Bretaña, por primeira e única vez, liderou o cadro de medallas nunha olimpíada, nun total de 145 sendo 56 de ouro, máis do dobre dos seus entón máis férreos adversarios, os norteamericanos.

Modalidades disputadas Editar

 
Atleta de saltos en disputa nos Xogos de 1908

Cadro de medallas Editar

 
Medalla dos Xogos de Londres, 1908
Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   Reino Unido 56 51 38 145
2   Estados Unidos 23 12 12 47
3   Suecia 8 6 11 25
4   Francia 5 5 9 19
5   Alemaña 3 5 6 14
6   Hungría 3 4 2 9
7   Canadá 3 3 10 16
8   Noruega 2 3 3 8
9   Italia 2 2 0 4
10   Bélxica 1 5 2 8

Notas Editar

  1. "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 13 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.