Xogos Olímpicos de 1912

Os Xogos Olímpicos de 1912 realizáronse en Estocolmo, capital de Suecia, entre o 5 de maio e o 27 de xullo coa participación de 2407 atletas (48 mulleres) de 28 países. Abertos oficialmente polo Rei Gustavo V, os xa bastante concorridos, prestixiados e famosos Xogos foron un modelo da eficiencia sueca e o primeiro no que compareceron atletas de todos os cinco continentes representados na bandeira olímpica.

Xogos Olímpicos de 1912
Nacións28
Atletas2 406 (2 359 homes, 47 mulleres)
Eventos102 en 14 deportes (18 disciplinas)
Apertura6 de xullo de 1912
Clasura22 de xullo de 1912
Inaugurado porGustavo V de Suecia[1]
EstadioEstadio Olímpico de Estocolmo
AnteriorLondres 1908
SeguinteAntuerpen 1920

Dotados dunha estrutura nunca antes vista, estes foron os primeiros Xogos que utilizaron un, na época, moderno sistema de son con altofalantes espallados polo complexo olímpico e pola cidade, para informar sobre os resultados de cada deporte disputado; alén diso, Estocolmo empregou por primeira vez un sistema de fotografías e cronometraxe semieletrónica, para a marcación dos tempos da Natación e do Atletismo.

Foron tamén os primeiros onde houbo unha cerimonia coreografada de apertura, antes da entrada das delegacións nacionais, realizada por douscentos rapaces vestidos de branco no centro do campo do Estadio Olímpico.

CuriosidadesEditar

 
Jim Thorpe
 
Hannes Kolehmainen, o primeiro "finlandés voador"

Modalidades disputadasEditar

 
O sueco Oscar Swahn na disputa do Tiro en 1912

Cadro de medallasEditar

Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   Estados Unidos 25 19 19 63
2   Suecia 24 24 17 65
3   Reino Unido 8 6 11 25
4   Finlandia 9 8 9 26
5   Francia 7 4 3 14
6   Alemaña 5 13 7 25
7   Suráfrica 4 2 0 6
8   Noruega 4 1 4 9
9   Hungría 3 2 3 8
  Canadá 3 2 3 8

NotasEditar

  1. "Factsheet - Opening Ceremony of the Games f the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 13 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018. 

Véxase taménEditar