Xogos Olímpicos de 1904
Os III Xogos Olímpicos realizáronse na cidade de St. Louis, no estado de Missouri, Estados Unidos. Da mesma maneira que os Xogos anteriores en París, estes foron novamente integrados a unha grande exposición e feira de negocios, desta vez a Louisiana Purchase Exhibition, sen ningunha relación co deporte. Tamén como en París, os Xogos alongáronse durante cinco meses, sendo inaugurados o 1 de xullo e tendo a súa clausura o 23 de novembro de 1904.
Nome oficial | Spiller vun der III. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Número de participantes | 12 651 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 95 |
Localización | Estádio Francis Field (pt) (St. Louis) St. Louis (Misuri) |
País | Estados Unidos de América |
Intervalo de tempo | 1 de xullo de 1904 – 23 de novembro de 1904 |
Número de edición | 3 (1904) |
Aberto oficialmente por | David R. Francis (pt) |
Competición | |
Resultado | Charles Jacobus New York Athletic Club |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Historia e características
editarIndignado coa situación, que en todo repetía a desorganización e a lixeireza amosada nos Xogos de París catro anos antes, Pierre de Coubertin, mesmo recibindo unha carta do Presidente Theodore Roosevelt implorando a súa presenza, recusouse a comparecer a St. Louis para a cerimonia de apertura e permaneceu en Europa.
Por causa da grande distancia transoceánica, varios países de Europa non compareceron e os países participantes limitáronse a 12, con 16 modalidades deportivas disputadas, resultando máis dos tres cuartos dos 651 atletas presentes (645 homes e 6 mulleres) dos propios Estados Unidos, o que explica a gran cantidade de medallas conquistadas polo país anfitrión e a enorme diferenza no Cadro de Medallas para o segundo colocado.
Modalidades olímpicas disputadas
editarCadro de Medallas
editarCadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 78 | 82 | 79 | 239 |
2 | Alemaña | 4 | 4 | 5 | 13 |
3 | Cuba | 4 | 2 | 3 | 9 |
4 | Canadá | 4 | 1 | 1 | 6 |
5 | Hungría | 2 | 1 | 1 | 4 |
6 | Equipo mixto | 1 | 1 | 0 | 2 |
Reino Unido | 1 | 1 | 0 | 2 | |
8 | Grecia | 1 | 0 | 1 | 2 |
Suíza | 1 | 0 | 1 | 2 | |
10 | Austria | 0 | 0 | 1 | 1 |
Obs: Equipos mixtos, permitidas na época, formados por atletas norteamericanos e cubanos, conquistaron 1 medalla de ouro e 1 medalla de prata, en Atletismo e en Esgrima.