Missouri
| |||||
Lema: The Show Me State | |||||
![]() | |||||
Outros Estados dos EUA | |||||
Datos xerais | |||||
---|---|---|---|---|---|
Capital | Jefferson City | ||||
Maior cidade | Kansas City | ||||
Gobernador | Eric Greitens | ||||
Lingua oficial: | Inglés | ||||
Área | 180.693 km² (21) | ||||
- Terra | 178.590 km² | ||||
- Auga | 2.101 km² (1,16%) | ||||
Poboación (2000) | |||||
- Poboación | 5 595 211 (17) | ||||
- Densidade | 31 hab /km² (27) | ||||
Entrada na Unión | |||||
- Data | 10 de agosto de 1821 | ||||
- Orde | 24º | ||||
Xeografía | |||||
Fuso horario | Central: UTC-6/-5 | ||||
Latitude | 36°N - 40°35'N | ||||
Lonxitude | 89°6'O - 95°42'O | ||||
Largo N-S | 480 km | ||||
Ancho E-O | 385 km | ||||
Altitude | |||||
- Altitude media | 240 m | ||||
- Máis elevado | 540 m | ||||
- Menos elevado | 70 m | ||||
Códigos e abreviacións | |||||
- USPS | MO | ||||
- ISO 3166-2 | US-MO | ||||
Sitio web | |||||
www.state.mo.us |
Missouri[1][2][3][4] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Missouri é o estado americano que limita con máis estados no país. Son en total oito estados cos cales Missouri fai límite: con Iowa ao norte, Illinois, Kentucky e Tennessee ó leste (separados polo río Mississippi), ao sur con Arcansas e ó oeste con Oklahoma, Kansas e Nebrasca.
O produto interno bruto de Missouri, en 2003, foi de 29 464 dólares, o vixésimo sétimo maior do país. As principais industrias do estado son a industria aeroespacial, equipamentos de transporte, procesamento de alimentos, produtos químicos, material impreso e publicitario e equipamentos electrónicos. Os principais produtos agropecuarios de Missouri son bovinos, porcinos, soia, palla, trigo e ovos. O estado posúe a sétima maior produción de carne bovina do país, e preto de 108 mil facendas, o segundo maior número, atrás só de Texas. O turismo é tamén unha importante fonte de renda do estado.
Missouri facía parte orixinalmente da Compra de Luisiana, tendo sido admitido como un estado americano en 1821 por causa do Compromiso de Missouri. O Estado recibiu o seu alcume de Portal para o Oeste porque o estado serviu como un punto de partida para persoas partindo rumbo ao Oeste americano. Durante a Guerra Civil Americana, Missouri, un estado escravista, dividiuse, con partes adherindo á Unión e partes secedendo da Unión e xuntándose cos Estados Confederados de América. Derrotado, foi readmitido na Unión en 1867.
NotasEditar
- ↑ Missouri Estado... Enciclopedia Galega Universal, t. 12, p. 134.
- ↑ Missouri Estado... Diciopedia do século 21, t. 2, p. 1382.
- ↑ Missouri Estado... Diccionario enciclopédico galego universal, t. 42, pp. 57-58.
- ↑ Missouri en Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo, p. 163, Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |