Arcansas

estado dos Estados Unidos de América
Arcansas
State of Arkansas
Bandeira de Arcansas Selo de Arcansas
Bandeira Selo
Lema: Regnat Populus
Mapa dos EUA coa Arcansas en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Little Rock
Maior cidade Little Rock
Gobernador Mike Huckabee
Lingua oficial: inglés
Área 137.732 km² (29)
 - Terra 134.856 km²
 - Auga 2.876 km² (2,09%)
Poboación (2000)
 - Poboación 2 673 400 (33)
 - Densidade 19,82 /km² (34)
Entrada na Unión
 - Data 15 de xuño de 1836
 - Orde 25º
Xeografía
Fuso horario Central: UTC-6/5
Latitude 33°N a 36°30'N
Lonxitude 89°41'O a 94°42'O
Largo N-S 420 km
Ancho E-O 385 km
Altitude
 - Altitude media 198 m
 - Máis elevado 839 m
 - Menos elevado 17 m
Códigos e abreviacións
 - USPS AR
 - ISO 3166-2 US-AR
Sitio web
www.arkansas.gov

Arcansas[1][2][3], ás veces tamén nomeado Arkansas,[4][5] (do algonquino kansas, termo para referirse ó pobo quapaw), é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos. O lema de Arcansas é "O Estado Natural" (The Natural State). A súa capital é Little Rock, ten unha superficie de 137.732 km², e unha poboación de 2 673 000 habitantes (2000). Uniuse á Unión en 1836.

Xeografía Editar

O río Mississippi acompaña gran parte da fronteira leste de Arcansas, excepto nos condados de Clay e Greene, onde o río Saint Francis fai a fronteira oeste da "bota do Missouri", e en decenas de lugares onde o actual leito do Mississippi formou meandros ou onde foi anteriormente establecido por lei.[6] Arcansas ten fronteira ó sur con Louisiana, ó norte co Missouri, ó leste co Tennessee e Mississippi, o oeste co Texas e Oklahoma.

Arcansas é unha terra de montañas e vales, de densos bosques e fértiles chairas. As así chamadas Terras Baixas son máis coñecidas polos seus nomes rexionais, o Delta e a Grande Pradaria. O Delta do Arcansas é unha paisaxe plana de solos aluviais formada por succesivas inundacións do adxacente Mississippi. Afastada do río, na porción sur do estado, sitúase a Grande Pradaria, formada por terreos máis ondulados. O Delta e a Grande Pradaría son fértiles áreas agrícolas.

O estado de Arcansas está dividido, administrativamente, en 75 condados, dos que o máis habitado é o de Pulaski. A lista completa recolle: Arcansas, Ashley, Baxter, Benton, Boone, Bradley, Calhoun, Carroll, Chicot, Clark, Clay, Cleburne, Cleveland, Columbia, Conway, Craighead, Crawford, Crittenden, Cross, Dallas, Desha, Drew, Faulkner, Franklin, Fulton, Garland, Grant, Greene, Hempstead, Hot Spring, Howard, Independence, Izard, Jackson, Jefferson, Johnson, Lafayette, Lawrence, Lee, Lincoln, Little River, Logan, Lonoke, Madison, Marion, Miller, Mississippi, Monroe, Montgomery, Nevada, Newton, Ouachita, Perry, Phillips, Pike, Poinsett, Polk, Pope, Prairie, Pulaski, Randolph, St. Francis, Saline, Scott, Searcy, Sebastian, Sevier, Sharp, Stone, Union, Van Buren, Washington, White, Woodruff e Yell.

Notas Editar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 
  4. Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2006. ISBN 9788482893600. 
  5. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  6. Límites do estado do Arcansas[Ligazón morta] de Encyclopedia of Arkansas[Ligazón morta]