Val

depresión xeográfica, xeralmente formado polo curso dun río

En xeoloxía, un val é un accidente xeográfico que forma unha depresión lonxitudinal, cercada polo tanto por áreas máis altas, como montañas ou outeiros. O seu tamaño pode variar duns poucos quilómetros cadrados a centenas ou mesmo millares.

Fljótsdalur no leste de Islandia.

Un val moi encaixado de vertentes abruptas chámase garganta ou foz.

Os vales fórmanse por diversos procesos xeográficos: os vales glaciares, que normalmente teñen a forma en "U" formáronse hai decenas de millares de anos pola erosión dos glaciares, mentres que os vales en forma de "V" foron normalmente formados polos ríos. Vales de tipo Rift, como o Gran Val do Rift, foron formados pola expansión da costra terrestre debido á actividade tectónica baixo a superficie da Terra. Polo común, os vales son xeralmente formados pola actividade fluvial, onde a acción da auga corrente causa a erosión do terreo.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar