Asemblea Xeral de Missouri

Parlamento de Missouri (Estados Unidos)

A Asemblea Xeral de Missouri (en inglés, Missouri General Assembly) é o parlamento do estado de Missouri, nos Estados Unidos. A súa sede está no Capitolio Estatal en Jefferson City. Conta con 197 lexisladores elixidos por sufraxio universal e que están distribuídos nas dúas cámaras da Asemblea: o Senado e a Cámara de Representantes.

Asemblea Xeral de Missouri
Tipoparlamento de estado dos Estados Unidos de América e bicameralismo
SedeCapitólio Estadual do Missouri
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.mo.gov/government/legislative-branch/
editar datos en Wikidata ]
Capitolio de Missouri, sede da Asemblea Xeral, adobiado para a xura do gobernador Eric Greitens (Jefferson City)

Composición editar

A Constitución de Missouri, aprobada en 1945, segue o principio da separación de poderes e outorga, no seu artigo 3º, o lexislativo á Asemblea Xeral, que se compón de dúas cámaras colexisladoras:[1]

  • O Senado: conta 34 integrantes escollidos cada catro anos en distritos uninominais. Os candidatos a senadores deben ter 30 anos de idade, censado no estado dende, polo menos, tres anos e residente no distrito polo que concorre dende, polo menos, un ano antes ás eleccións. Os senadores non poden concorrer electoralmente logo de dous mandatos consecutivos (oito anos). O tenente gobernador é o presidente do Senado, se ben os senadores escollen a un membro da cámara para presidila en caso de que o primeiro non asista ás sesións.
  • A Cámara de Representantes: suma 163 deputados electos cada dous anos en distritos uninominais.. Os candidatos a representantes deben ter 24 anos de idade, estar censado polo menos dende hai tres anos en Missouiri, e ter a súa morada no distrito polo que presenta dende hai, cando menos, un ano. O primeiro representante afroamericano foi o deputado Walthall Moore, en 1920.[2]

Notas editar

  1. "Constitution State of Missouri" (PDF). Secretary of State of Missouri. 
  2. "Missouri Digital Heritage: African American Initiative Timeline 5". www.sos.mo.gov. Consultado o 2022-08-29. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar