Xogos Olímpicos de 1900

Os II Xogos Olímpicos da Era Moderna realizáronse en 1900, en París, Francia, terra natal do seu creador, o Barón Pierre de Coubertin. Infelizmente, por cuestións políticas, os Xogos foron integrados na Exposición Universal de París, unha grande feira mundial de comercio realizada por Francia na época, e por ter sido diluídos ó longo de máis de cinco meses, entre o 14 de maio e o 28 de outubro, non tiveron ningunha relevancia, sendo unanimemente considerados un fracaso.

Xogos Olímpicos de 1900
JOParis 1900.jpg
SedeParís, Francia
Nacións28
Atletas997 (975 homes, 22 mulleres)
Eventos95 en 19 deportes
Apertura14 de maio de 1900
Clasura28 de outubro de 1900
EstadioVélodrome de Vincennes

Oficialmente, en Francia, as xogos foron bautizados como Concurso Internacional de Exercicios Físicos e de Deportes, e os participantes chegaron a imaxinar todo menos que participaban nunha celebración deportiva, tantas eran as actividades paralelas nas artes e no comercio ofrecidas pola feira. Alén diso, París non posuía ningún complexo deportivo olímpico e as probas de atletismo disputáronse no medio dos bosques e árbores do Bois de Boulogne e a natación en plena corrente do río Sena.

O Comité Olímpico Internacional tivo pouca influencia na condución destes Xogos, competendo á organización da Exposición Universal a organización dos eventos. Como a organización consideraba o deporte unha actividade secundaria, as diferentes modalidades foron espalladas polos diversos locais da Exposición e moitas veces con clasificacións canto menos curiosas. Particularmente, a organización clasificou a ximnasia na sección de "deporte escolar para nenos", esgrima na sección de "coitelería" e remo na sección de "socorrismo".

Adicionalmente, ó longo da Exposición Universal e concorrentemente coas modalidades olímpicas realizáronse eventos en moitos outros deportes, tales como motonáutica, carreiras en globo, natación subacuática, natación con obstáculos e tiro ós pombos, que non foron recoñecidos como modalidades olímpicas, polo que eses eventos non se consideran parte dos Xogos Olímpicos de 1900.

Por mor da grande confusión que foi a organización dos Xogos da II Olimpíada, o número de participantes (e mesmo de modalidades) varía largamente de acordo con diferentes fontes. De acordo co Comité Olímpico Internacional participaron 997 atletas, representando 24 estados e competindo en 20 modalidades. En fútbol, soga-tira, polo, remo e tenis, competiron equipos mixtas, compostos por atletas de diferentes nacións.

Modalidades disputadasEditar

 
Final da esgrima no estilo sabre nos Xogos de 1900.

Cadro de medallasEditar

Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   Francia 26 41 34 92
2   Estados Unidos 19 14 14 47
3   Reino Unido 15 6 9 30
4   Equipo mixto 6 3 3 12
5   Suíza 6 2 1 9
6   Bélxica 5 5 5 15
7   Alemaña 4 2 2 8
8   Italia 2 1 0 3
9   Australia 2 0 3 5
10   Dinamarca 1 3 2 6
  Hungría 1 3 2 6

Obs: Equipos mixtos, na época permitidos, de diversos países europeos mesturados a norteamericanos e australianos, gañaron 6 medallas de ouro, 3 de prata e 3 de bronce, no Atletismo, Polo, Vela (deporte), remo, Soga-tira e Tenis.