Humanismo (filosofía)

O humanismo é unha actitude filosófica e ética que fai fincapé no valor e a axencia dos seres humanos,[1] individual e colectivamente, e que polo xeral prefire o pensamento crítico e as probas (racionalismo, empirismo) sobre a aceptación de dogmas ou a superstición.

O humano feliz (Happy Human) é unha icona que se adoptou como símbolo internacional do humanismo secular.

O significado do termo humanismo flutuou, segundo os movementos intelectuais sucesivos que se identificaron con el. Unha relación da evolución do significado da palabra humanismo desde o punto de vista dun humanista secular moderno é a dada por Nicolas Walter.[2] Unha perspectiva similar, pero algo menos polémica, encóntrase en Richard Norman.[3] Unha visión histórica e orientada filoloxicamente pódese ver en Vito Giustiniani.[4]

En xeral, porén, o humanismo refírese a unha perspectiva que afirma algunha noción de liberdade e progreso.

Nos tempos actuais, os movementos humanistas están normalmente aliñados co secularismo e hoxe "humanismo" normalmente refírese a unha filosofía de vida non teísta centrada no poder dunha humanidade que mira cara á ciencia en vez cata ao dogma relixioso co fin de entender o mundo.[5]

Notas editar

  1. humanismo, 1ª acep., no Dicionario da RAG,
  2. Nicolas Walter (1977).
  3. Richard Norman (2004).
  4. Vito Giustiniani (1985).
  5. Véxase por exemplo a Declaración de Ámsterdam de 2002, subministrada pola International Humanist and Ethical Union, ou a British Humanist Association, en definition of Humanism (en inglés).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Nicolas Walter (1977): Humanism – What's in the Word. Londres: Rationalist Press Association. ISBN 0-301-97001-7.
  • Richard Norman (2004): On Humanism (Thinking in Action). Londres: Routledge.
  • Vito Giustiniani (1985): "Homo, Humanus, and the Meanings of Humanism", Journal of the History of Ideas. 46 (2): 167–95.

 
 Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.