Paul Valéry
Ambroise Paul Toussaint Jules Valéry, nado en Sète (Hérault) o 30 de outubro de 1871 e finado en París o 20 de xullo de 1945, foi un escritor, poeta e filósofo francés.
Traxectoria
editarFillo dun pai de orixe corsa e dunha nai xenovesa, Paul Valéry comezou os seus estudos na poboación costeira de Sète (daquela Cette) cos dominicos, despois continuou no colexio de Sète e finalmente no liceo de Montpellier. Empezou estudos de dereito en 1889. Este mesmo ano, publicou os seus primeiros versos na Revue maritime de Marseille. A súa poesía desta época inscríbese na esfera de influencia simbolista. En 1890, o seu encontro con Pierre Louÿs foi determinante para a orientación da súa vida de poeta. Este último presentoulle a André Gide e introduciuno no estreito círculo de Stéphane Mallarmé. Paul Valéry foille fiel ata a súa solitaria morte.
Obra
editar- Introduction à la méthode de Léonard de Vinci (1895)
- La Soirée avec monsieur Teste (1896)
- Essai d'une conquête méthodique (1897)
- La Jeune Parque (1917)
- La Crise de l’esprit (1919)
- Cemiterio mariño (Le Cimetière marin (1920). Traducido ao galego por Florencio Delgado Gurriarán.
- Album de vers anciens (1920)
- Charmes (1922)
- Eupalinos ou l'Architecte (1923)
- L'Âme et la danse (1923)
- Variété I (1924)
- Propos sur l'intelligence (1925)
- Monsieur Teste (1926)
- Variété II (1930)
- Regards sur le monde actuel (1931)
- Amphion (1931)
- Pièces sur l'art (1931)
- L'idée fixe ou Deux Hommes à la mer (1932)
- Discours en l'honneur de Goethe (1932)
- Sémiramis (1934)
- Notion générale de l’art (1935)
- Variété III (1936)
- Degas, danse, dessin (1938)
- Discours aux chirurgiens (1938)
- Variété IV (1938)
- Mauvaises pensées et autres (1942)
- Tel quel (1941, puis 1943) (Cahier B 1910; Moralités; Littérature et Choses tues)
- Dialogue de l'arbre (1943)
- Variété V (1944)
Póstuma:
- Mon Faust (1946)
- L'Ange (1947)
- Histoires brisées (1950)
- Lettres à quelques uns (1952) Correspondance de Paul Valéry s'étageant tout au long de sa vie.
- Vues (1948)
- Œuvres I (1957)
- Les Principes d'anarchie pure et appliquée (1984)
- Corona et Coronilla (2008)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Valéry |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Paul Valéry na súa lingua orixinal. |
Bibliografía
editar- "Paul Valéry" (Michel Jarrety)