Universidade de Zúric
A Universidade de Zúric (UZH, en alemán: Universität Zürich), situada na cidade de Zúric, é a universidade máis grande de Suíza, con máis de 24.000 estudantes. Foi fundada en 1833 a partir dos actuais institutos de Teoloxía, Dereito, Medicina e da creación dunha facultade de Filosofía. Actualmente, a universidade ten as facultades de Artes, Economía, Dereito, Medicina, Ciencias, Teoloxía e Medicina Veterinario, ofrecendo a máis ampla gama de materias e cursos de calquera institución de educación superior de Suíza.
HistoriaEditar
A universidade de Zúric foi fundada o 29 de abril de 1833, cando os colexios de Teoloxía (fundado por Huldrych Zwingli en 1525), Dereito e Medicina fusionaron xunto cunha nova facultade de Filosofía. Foi a primeira universidade en Europa que se fundou polo propio Estado en lugar de por un monarca ou unha confesión relixiosa. A universidade permite ás mulleres asistir a clases de filosofía desde 1847, e admitiu a primeira muller para estudos de doutoramento en 1866. A Facultade de Medicina Veterinaria engadiuse en 1901, e é a máis antiga deste tipo no mundo docente. En 1914, a universidade trasladouse a novas instalacións deseñadas polo arquitecto Karl Moser en Ramistrasse 71.
FacultadesEditar
As súas mellores facultades en termos de calidade son a Facultade de Ciencias Económicas, que se atopa no décimo segundo posto de Europa e no primeiro posto de Suíza(ver: http://www.uzh.ch/news/articles/2008/3082.html), a Facultade de Medicina e a Facultade de Ciencias, que se sitúan entre o dez primeiras de Europa. A Universidade de Zúric no seu conxunto tamén se clasifica entre as dez primeiras do continente e entre as cincuenta mellores do mundo. Destaca nos campos da biociencia e finanzas, existindo unha estreita colaboración entre esta universidade e a Escola Politécnica Federal.
Premios NobelEditar
A Universidade de Zúric contou con varios premios Nobel como Albert Einstein, Erwin Schrödinger, un dos fundadores da mecánica cuántica e Wilhelm Conrad Röntgen, a primeira persoa en gañar o Premio Nobel de Física.
Antigos alumnos galardoados co NobelEditar
- Carl Spitteler (Literatura, 1919)
- Albert Einstein (Física, 1921); tamén traballou na Universidade.
- Walter Rudolf Hess (Medicina 1949); tamén traballou na Universidade.
Profesores galardoados co NobelEditar
- Theodor Mommsen (Literatura, 1902)
- Alfred Werner (Química 1913)
- Max von Laue (Física 1914)
- Albert Einstein (Física, 1921)
- Erwin Schrödinger (Física 1933)
- Peter Debye (Química 1936)
- Paul Karrer (Química 1937)
- Leopold Ružička (Química 1939)
- Walter Rudolf Hess (Medicina 1949)
- Karl Alexander Müller (Física 1987)
- Rolf M. Zinkernagel (Medicina 1996)
NotasEditar
- Páxina oficial
- A Universidade de Zúric en Universia
- Acerca da universidade (en alemán)
- Acerca da universidade (en inglés)