Compás (navegación)

O compás, agulla de marear ou búsola[1] é un instrumento de navegación para atopar direccións na Terra. O compás está composto por unha agulla magnética na horizontal, suspensa polo centro de gravidade, que se aliña de maneira precisa co campo magnético da Terra.

Compás moderno.

Un compás fornece a unha dirección de referencia coñecida, a dirección do centro magnético da Terra, aproximadamente o eixo norte-sur, sendo de grande axuda na navegación. Un compás pode usarse cun reloxo e un sextante para fornecer unha capacidade de navegación precisa. Ese dispositivo mellorou bastante o comercio marítimo tornando as viaxes máis seguras e máis eficientes.

Historia do compás de navegación

editar

Atribúese a descuberta da orientación natural dos imáns aos chineses, por volta do ano 2000 a. C., e por consecuencia, a invención do compás.

En Europa, introducido polos árabes, comezouse a usar a fins do século XIII, sendo Flavio Gioia que introduciu tamén o deseño da rosa dos ventos no compás. Data polo menos do século XV o coñecemento da declinación, quer dicir, da diferenza entre o norte magnético, indicado pola agulla, e o norte verdadeiro. A declinación era verificada polo confronto coa observación da Estrela Polar, no hemisferio norte, ou da Estrela Pé do Cruceiro, no hemisferio sur, e a dirección apuntada polo compás.

O compás é sen dúbida o instrumento máis coñecido dos descubrimentos, pois foi probabelmente o máis importante. Indicando sempre o norte, é unha axuda preciosa para calquera navegante. Os compases actuais varían un pouco entre si, mais teñen os mesmos compoñentes básicos.

Compoñentes dun compás

editar

Un compás pode ser calquera dispositivo magnético que usa unha agulla para indicar a dirección do norte magnético da magnetosfera do planeta. Calquera instrumento cunha barra magnetizada ou agulla xirando libremente sobre un pivote e apuntando para o norte e o sur pode considerarse un compás.

Principais compoñentes dos compases:

  • Base: é transparente e de plástico, normalmente marcada cunha regra de escala e cunha (ou máis) regras laterais.
  • Cápsula: contén unha agulla magnética, é preenchida por un líquido que en xeral é un óleo pouco viscoso, que ten como finalidade dar estabilidade á agulla. A agulla ten tamén o polo Norte sempre colorido de vermello.
  • Disco de lectura: Ten unha escala en graos que fica en volta da cápsula, que serve para xirarse manualmente de modo a obter o rumbo en graos.
  • Portón: Faixa negra e vermella pintada nunha lámina ou na cápsula. Serve para aliñar a agulla, móvese xunto coa cápsula e as liñas do norte e ten o lado norte pintado de vermello. Nalgúns compases o portón pode ser movido independentemente.
  • Liñas do norte: Son sen serie, e serven para aliñar o compás cos meridianos inseridos no mapa. Móvense xuntamente co disco de lectura, e son finas, pretas e paralelas ficando xeralmente no fondo da cápsula ou nunha lámina transparente.

Actualmente son máis utilizados os compases electrónicos, así e todo as súas agullas están igualmente suxeitas a desvíos, grazas á acción que o ferro exerce sobre a agulla.

  1. [1] Dicionario de Dicionarios, Corpus lexicográfico da lingua galega

Véxase tamén

editar