Stephen Hawking

físico teórico, cosmólogo e autor

Stephen William Hawking, nado en Oxford o 8 de xaneiro de 1942 e finado en Cambridge o 14 de marzo de 2018,[1] foi un físico teórico, cosmólogo, autor e director de investigación[2][3] británico. Os seus traballos científicos inclúen unha colaboración con Roger Penrose nos teoremas de singularidade gravitacional no eido da relatividade xeral, e a predición teórica de que os buratos negros emiten radiación, a miúdo chamada radiación de Hawking. Hawking foi o primeiro en expoñer unha teoría da cosmoloxía explicada pola unión da teoría xeral da relatividade e a mecánica cuántica. Foi un enérxico defensor da interpretación dos universos paralelos da mecánica cuántica.[4][5]

Modelo:BiografíaStephen Hawking

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Stephen William Hawking Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 2018 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Cambridge, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteesclerose lateral amiotrófica Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor en Wikidata
Cátedra Lucasiana de Matemáticas
1979 – 2009
← James LighthillMichael Green → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaInglaterra Editar o valor en Wikidata
Relixiónsen valor Editar o valor en Wikidata
EducaciónTrinity Hall - doutoramento (1962–1966)
University College - física (1959–1962)
St Albans School (1952–)
Universidade de Cambridge
St Albans High School for Girls
Byron House School Editar o valor en Wikidata
Tese académicaProperties of expanding universes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1966 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseDennis Sciama Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRelatividade xeral, gravidade cuántica, Física teórica, cosmoloxía, matemática aplicada, universo e burato negro Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Cambridge Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico teórico, cosmólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge (–2018) , morte da persoa
Instituto Perimeter de Física Teórica (2008–2018) , morte da persoa
Instituto Tecnolóxico de California (1970–1975)
Gonville and Caius College, investigador posdoutoral (1965–1969)
Facultade de Matemáticas da Universidade de Cambridge (1962–1965) Editar o valor en Wikidata
Partido políticosen valor Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoAteísmo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresDennis Sciama Editar o valor en Wikidata
Influencias
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- University College Boat Club
Obra
Obras destacables
DoutorandoDon Page, Wu Zhongchao, Marika Taylor, Fay Dowker, Bruce Allen, Raphael Bousso, Bernard Carr, Christophe Galfard, Malcolm Perry, Raymond Laflamme, Thomas Hertog, Gary Gibbons, Jonathan Halliwell, Christopher Pope, Ian Gordon Moss, Andrew Chamblin, Peter David D'Eath, Nicholas P. Warner, Alan Yuille, James D. E. Grant, Harvey Reall, Simon Frederick Ross, Friedel Epple, James Sparks, Mike Cassidy, Paul Davis, Mike Fawcett, Justin D. Hayward, Christopher J. Hunter, Alan Lapedes, Julian Luttrell, Oisin MacConamhna, Tim Prestidge, Chris Prior, Paul Shellard, Brian Whitt, Zhong Chao Wu, Daksh Lohiya, Stephen Theodore Siklos, Ricardo Monteiro, GianPaolo Procopio e Glenn Lyons Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeElaine Mason (1995–2006), divorcio
Jane Hawking (1965–1991), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosRobert Hawking
 () Jane Hawking
Lucy Hawking
 () Jane Hawking
Timothy Hawking
 () Jane Hawking Editar o valor en Wikidata
PaisFrank Hawking Editar o valor en Wikidata  e Isobel Eileen Hawking Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
31 de marzo de 2018Funeral (Cambridge) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Lentapedia
Enciclopedia Biográfica de Ciencia e Tecnoloxía de Asimov Editar o valor en Wikidata
Sitio webhawking.org.uk Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0370071 Allocine: 189643 Rottentomatoes: celebrity/stephen_hawking Allmovie: p93750 TV.com: people/stephen-hawking
Facebook: stephenhawking Youtube: UCPyd4mR0p8zHd8Z0HvHc0fw TED: stephen_hawking BNE: XX989893 Musicbrainz: 6521b32f-3efb-4662-a0fa-c51f5897581b Songkick: 172213 Discogs: 513542 WikiTree: Hawking-7 Find a Grave: 188025042 Editar o valor en Wikidata

Foi membro de Honra da Real Sociedade das Artes, membro vitalicio da Academia Pontificia das Ciencias, e Medalla Presidencial da Liberdade, a máis alta condecoración civil dos Estados Unidos. Hawking foi profesor lucasiano na Universidade de Cambridge entre 1979 e 2009 e acadou o éxito comercial con obras sobre ciencia popular nas que expuxo as súas propias teorías e a cosmoloxía xeral. O seu libro, A Brief History of Time apareceu na lista británica dos mellor vendidos de Sunday Times durante 237 semanas.

Hawking sufriu un rara enfermidade de lenta progresión, a esclerose lateral amiotrófica (ELA), tamén coñecida como doenza de Lou Gehrig, que levou varias décadas paralizándoo progresivamente.[6] Comunicábase empregando un único músculo da súa meixela conectado a un dispositivo xerador de voz. Hawking casou dúas veces e tivo tres fillos.

Traxectoria

editar

Os seus pais foron Frank e Isobel Hawking. Tiña dúas irmás máis novas, Philippa e Mary, e un irmán adoptivo, Edward. Da súa familia, Hawking tivo na súa nai, quen era unha activa política, o membro máis próximo. A casa dos seus pais estaba no norte de Londres, pero durante a segunda guerra mundial considerábase que Oxford era un dos lugares máis seguros para ter nenos. Cando tiña oito anos, a súa familia mudouse a St Albans, unha vila a unhas 20 millas ó norte de Londres. Ós once anos Stephen foi á Escola de St Albans, e logo ó Colexio Maior Universitario en Oxford, antigo colexio do seu pai. Stephen quería facer Matemáticas, pese a que o seu pai preferiría Medicina. Como Matemáticas non podía estudarse no Colexio Universitario, optou por Física. Despois de tres anos e moito traballo concedéuselle o título de primeira clase con honores en Ciencias naturais.

Tras obtelo doutoramento pasou a ser Investigador, e máis tarde Profesor nos Colexios Maiores de Gonville e Caius. Despois de abandona-lo Instituto de Astronomía en 1973, Stephen entrou no Departamento de Matemáticas Aplicadas e Física teórica, e desde 1980 ocupa o posto de Profesor Lucasiano de Matemáticas. A Cátedra foi fundada en 1663 con fondos concedidos no testamento do Reverendo Henry Lucas, quen fora Membro do Parlamento pola Universidade. Foi primeiro cuberta por Isaac Barrow, e logo en 1669 por Isaac Newton.

En 1985 foi traqueostomizado e desde entón emprega un sintetizador de voz para comunicarse. Gradualmente foi perdendo o uso dos seus brazos e pernas, así como do resto da musculatura voluntaria, incluíndo a forza do pescozo para manter a cabeza ergueita, con todo o cal a súa mobilidade é practicamente nula (Esclerose lateral amiotrófica, o mesmo caso de Jason Becker). A cadeira de rodas que utiliza en público está controlada por unha computadora que Hawking manexa mediante leves movementos de cabeza e ollos, o que tamén lle permite seleccionar palabras e frases no sintetizador de voz.

Casou por primeira vez en xullo de 1965 con Jane Wilde. Hawking casou por segunda vez coa súa enfermeira - Elaine Mason - o 16 de setembro de 1995. Hawking continúa combinando a vida en familia (coa súa esposa, os seus tres fillos e un neto) e a súa investigación en física teórica xunto cun extenso programa de viaxes e conferencias.

O asteroide 7672 Hawking foi chamado así na súa homenaxe.

Era ateo.[7] Estaba en contra do capitalismo.[8][9]

 
Stephen Hawking

Hawking traballou nas leis básicas que gobernan o universo. Xunto con Roger Penrose mostrou que a Teoría Xeral da Relatividade de Einstein implica que o espazo e o tempo han de ter un principio no big-bang e un final dentro de buracos negros. Semellantes resultados sinalan a necesidade de unificar a Relatividade Xeral coa Teoría Cuántica, o outro gran desenvolvemento científico da primeira metade do século XX. Unha consecuencia de tal unificación que el descubriu era que os buracos negros non eran totalmente negros, senón que podían emitir radiación e partículas subatómicas (coñecidas como radiación Hawking) e eventualmente evaporarse e desaparecer. Outra conxectura é que o universo non ten bordos ou límites no tempo imaxinario. Isto implicaría que o modo en que o universo empezou queda completamente determinado polas leis da ciencia.

As súas numerosas publicacións inclúen "The Large Scale Structure of Spacetime" con G. F. R. Ellis, "General Relativity : an Einstein Centenary Survey" con W. Israel, e "Three Hundred Years of Gravitation", con W. Israel. Stephen Hawking publicou tres libros de divulgación: o seu éxito de vendas A Brief History of Time, "Black Holes and Baby Universes and Other Essays" e máis recentemente en 2001, "The Universe in a Nutshell", e en 2005, A Briefer History of Time, unha versión revisada e ampliada do seu primeiro best-séller.

Obras técnicas

editar

Obras populares

editar

Currículum

editar

O Profesor Hawking ten doce doutorados honoríficos, gañou o CBE en 1982 e foi designado Compañeiro de Honor en 1989. É o receptor de numerosos premios (por exemplo, o Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 1989), galardóns e medallas e é Membro de Honor da Royal Society e da US National Academy of Sciencies.

  1. Redacción (14 de marzo de 2018). "Morre Stephen Hawking, o físico que revolucionou a idea do universo". GCiencia. Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  2. Ctc.cam.ac.uk (ed.). "Centre for Theoretical Cosmology: Outreach Stephen Hawking". Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  3. Stephen Hawking Official Website (ed.). "About Stephen – Stephen Hawking". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  4. Gardner, Martin (setembro-outubro de 2001). "Multiverses and Blackberries". "Notes of a Fringe-Watcher". Skeptical Inquirer. Volume 25, No. 5.
  5. Price, Michael Clive (febreiro de 1995). "THE EVERETT FAQ" Arquivado 03 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. Departmento de Física, Washington University in St. Louis. Consultado o 17 de decembro de 2014.
  6. Scientific American, ed. (7 de xaneiro de 2012). "How Has Stephen Hawking Lived to 70 with ALS?". Consultado o 23 de decembro de 2014. Q: How frequent are these cases of very slow-progressing forms of ALS? A: I would say probably less than a few percent. 
  7. Jamie Ducharme (14 de marzo de 2018). "Stephen Hawking Was an Atheist. Here's What He Said About God, Heaven and His Own Death". Time (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  8. Alexander C. Kaufman (18 de agosto de 2015). "Stephen Hawking Says We Should Really Be Scared Of Capitalism, Not Robots". Huffington Post (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  9. Rob Price (14 de marzo de 2018). "Stephen Hawking's final Reddit post was an ominous warning about the future of humanity and capitalism". Business Insider (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar