Satyendra Nath Bose

Satyendra Nath Bose (en bengalí: সত্যেন্দ্রনাথ বসু, Satyendranāth Basu) , nado en Calcuta o 1 de xaneiro de 1894 e finado na mesma cidade o 4 de febreiro de 1974, foi un físico indio especializado en física matemática. É coñecido polo seu traballo en mecánica cuántica nos anos 1920, provendo as bases para a estatística de Bose-Einstein e a teoría do condensado de Bose-Einstein. O bosón (unha das partículas elementais) é chamado así na súa honra. Foi premiado co segundo recoñecemento civil máis alto da India, o Padma Vibhushan, en 1954.

Satyendra Nath Bose
SatyenBose1925.jpg
Satyendra Nath Bose en 1925
Datos persoais
Nacemento1 de xaneiro de 1894
LugarCalcuta
Falecemento4 de febreiro de 1974
LugarCalcuta
ResidenciaIndia
NacionalidadeRaj Británico, Dominio da India e India
CónxuxeUshabati Bose
Actividade
Campofísico, matemático, político e profesor universitario
Alma máterUniversidade de Calcuta
Universidade de Daca
Director de teseSahill Poddar
Contribucións e premios
Coñecido porEstatística de Bose-Einstein, bosóns
Premiosmembro da Royal Society, Padma Vibhushan e honorary doctor of the University of Calcutta
Signature Satyendranath Bose.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi o maior de sete irmáns. Seu pai, Surendranath Bose, traballou no Departamento de Enxeñaría dos Ferrocarrís do Leste da India.

Bose asistiu á escola secundaria hindú en Calcuta e logo á Facultade da Presidencia, tamén en Calcuta, obtendo sempre as máis altas cualificacións. De 1916 a 1921 foi profesor no departamento de física da Universidade de Calcuta. En 1921 pasou a formar parte do departamento de física da nova Universidade de Dacca (agora chamada Universidade de Dhaka), novamente como profesor, até 1945. Logo volveu a Calcuta e deu clases na Universidade de Calcuta até 1956, data na que se retirou da docencia e foi nomeado profesor emérito.

O seu maior logro científico obtívoo cando lle enviou un manuscrito a Albert Einstein para que este o revisase e traducise. Einstein quedou marabillado co traballo e recomendouno para a súa publicación. O manuscrito foi a semente do que despois se coñeceu como o condensado de Bose-Einstein.

Véxase taménEditar