Universidade de Berna

A Universidade de Berna é unha universidade que se atopa na capital de Suíza, Berna, fundada en 1834. Por estar localizada na rexión de lingua alemá do país, o seu nome oficial é Universität Bern, aínda que sexa frecuentemente designada polo seu nome francés, Université de Berne.

Universidade de Berna
Universidade de Berna
Datos xerais
LocalizaciónBerna
Datos actuais
ReitorChristian Leumann
Alumnos17 514 (matriculación feminina: 56%; matriculación internacional: 13%) (2016)[1]
Datos de contacto
EnderezoUniversität Bern, CH-3012 Berna
Páxina webunibe.ch
Twitter: unibern Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A universidade é regulamentada e financiada polo Cantón de Berna. Entre algúns dos seus exalumnos máis salientables están o teólogo suízo Karl Barth e o filósofo alemán Walter Benjamin.

Reputación

editar

A clasificación mundial de universidades de 2006 do Times Higher Education Supplement (THES), suplemento de educación do xornal inglés The Times, clasifica a Universidade de Berna como:

  • 7ª en Suíza
  • 214ª no mundo

Na Clasificación Académica das Universidades do Mundo (ARWU) de 2006, a Universidade de Berna foi, de acordo co sistema de clasificación:

  • 6ª en Suíza
  • 57ª-80ª na Europa
  • 151ª-202ª no mundo

Departamentos

editar

A universidade ten arredor de 13.000 estudantes, inscritos en oito facultades distintas:

A Facultade Filosófico-Histórica é semellante a un departamento de Artes e Ciencias das universidades norteamericanas, con diplomas (Hauptfächer) nunha gran variedade de asuntos. A Facultade Filosófica-Científica restrínxese a ciencias como a Química e a Física. A Facultade Filosófica-Humanística foi fundada en 2005, e ofrece estudos nos campos da Pedagoxía, Educación Física e Psicoloxía. O departamento de Teoloxía Católica Antiga, na Facultade de Teoloxía, é o único lugar no mundo en estudar a teoloxía nesta denominación.

  1. "Annual Report - University of Bern". unibe.ch. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017. Consultado o 4 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar