Ulm
Coordenadas: 48°23′54″N 9°59′30″L / 48.39841, 9.99155
Ulm é unha cidade alemá do estado federado de Baden-Württemberg, situada entre Stuttgart no oeste e Augsburg e Múnic no leste, ás beiras do Danubio. O río separa Ulm de Neu-Ulm, a nova parte da cidade, que xa se atopa no estado federado de Baviera. Ulm é coñecido pola súa Catedral, santuario protestante de arquitectura gótica, coa torre de igrexa máis alta do mundo (161,53 m), pola súa cidade universitaria, na que se integrou a Escola de Ulm, sucesora da Bauhaus, e por ser a cidade natal de Albert Einstein.
Ulm | ||
---|---|---|
| ||
![]() | ||
Casco vello da cidade | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Estado | Baden-Württemberg | |
Rexión | Tubinga | |
Distrito | Stadtkreis | |
Xeografía | ||
Altitude | 478 msnm | |
Superficie | 118,69 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 117.977 | |
Densidade | 990 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 89073–89081 | |
Alcalde | Ivo Gönner (SPD) | |
Páxina oficial de Ulm |
Xeografía Editar
Ulm está na desembocadura dos ríos Blau e Iller no Danubio. A maior parte da cidade está na beira esquerda do río, estando no outro costado a súa cidade xemelga, Neu-Ulm (nova Ulm), que cos seus 50.000 habitantes está situada no land de Baviera.
A cidade está dividida en 18 distritos: Ulm-Mitte, Böfingen, Donaustetten, Donautal, Eggingen, Einsingen, Ermingen, Eselsberg, Gögglingen, Grimmelfingen, Jungingen, Lehr, Mähringen, Oststadt, Söflingen (con Harthausen), Unterweiler, Weststadt e Wiblingen.
Historia Editar
Ulm é mencionada por primeira vez en 854, sendo declarada cidade por Frederico I Barbarroxa en 1164. Floreceu durante o século XVI, debido maiormente á exportación téxtil. Estes séculos representan o cénit da arte en Ulm, especialmente para pintores e escultores.
En 1803, deixou de ser unha "Cidade Libre Imperial" e foi absorbida por Baviera. Durante a batalla de Ulm de 1805, no marco das Guerras Napoleónicas, o exército francés fixo unha emboscada á invasión da armada austríaca en mans do Xeneral Mack en Ulm forzando a súa retirada. En 1810, foi incorporada no Reino de Württemberg, pertencente á Confederación do Rin.
En 1938, de novo pasou a ser unha "cidade libre" ou Stadtkreis, o que significa que non pertence a ningún dos distritos rurais da contorna, formando un de tipo urbano.
Economía Editar
A proximidade de Stuttgart fai que boa parte da actividade industrial da cidade estea ligada á produción automotriz. EvoBus, a división de autobuses e autocares de Daimler, ten a súa planta de produción principal de vehículos da marca SETRA nesta cidade, así como unha planta de montaxe de camións de IVECO.
En xeral, o estado federado de Baden-Württemberg é unha das rexións economicamente máis prósperas de Alemaña e, naturalmente, da Unión Europea (UE).
Puntos de interese Editar
- Sen dúbida a súa principal referencia é a Catedral de Ulm, coa torre de igrexa máis alta do mundo (161,53 m).
- O barrio dos pescadores coa Schliefes Haus do século XVI (actualmente un hotel) e o Alte Münz (un edificio medieval ampliado con estilo renacentista).
- Os restos da cidade que sobreviviron aos bombardeos.
- A Casa do Concello, construída no ano 1370.
- Os edificios da Hochschule für Gestaltung, a Escola de Ulm, hoxe empregados pola Universidade.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ulm |