Stuttgart

Coordenadas: 48°47′N 9°11′L / 48.783, -9.183

Stuttgart (en suabo: Schduagert) é a capital do Estado alemán Baden-Württemberg. Con preto de 600.000 habitantes, Stuttgart é a cidade máis grande deste Estado e a sexta de Alemaña. En Stuttgart atópase o parlamento do seu Bundesland e o goberno federal, así como outras autoridades políticas e da administración federal. As grandes cidades alemás máis importantes e próximas a Stuttgart son Frankfurt (240 km ao noroeste), Múnic (aproximadamente 220 km ao sueste) e Karlsruhe (a 80 km ao nordeste).

Stuttgart
DEU Stuttgart COA.svg
Stuttgart collage.jpg
Imaxes da cidade
Localización
Stuttgart en Alemaña
Stuttgart
Stuttgart
PaísAlemaña Alemaña
EstadoBaden-Württemberg
RegierungsbezirkRexión de Stuttgart
DistritoDistrito urbano
Xeografía
Altitude245 msnm
Superficie207,36 km²
Demografía
Poboación597.939 hab. (2012)
Densidade2.900 hab/km²
Outros datos
Código postal70173–70619
AlcaldeFritz Kuhn (Alianza 90/Os Verdes)
Páxina oficial de Stuttgart

Stuttgart ten o status de cidade-distrito, unificada por un presidente. Tamén dispón do bispo evanxelista de Württemberg e un bispo católico (Bistum Rottenburg-Stuttgart). A cidade posúe dúas universidades, escolas técnicas e o instituto de investigación Max Planck (Fraunhofer-Gesellschaft). Ademais nela atópanse as máis importantes empresas automobilísticas, como: Mercedes-Benz e Porsche, xunto con outras empresas importantes como Bosch. Ademais é a porta de entrada á Selva Negra. Rodeada de outeiros, bosques e viñedos que chegan ata o centro. O seu porto sitúase ao nordeste da cidade, a beiras do río Neckar.

Stuttgart provén da palabra alemá Stutengarten (que significa "eguada"), posto que a cidade ten a súa orixe ao redor dos antigos cortellos do duque Liudolf de Suabia.

XeografíaEditar

 
Visión dos viñedos dende o parque de Killesberg

Stuttgart está situada no centro do Estado de Baden-Württemberg. O centro da cidade sitúase entre vales e viñedos, por iso a cidade é alcumada Stuttgarter Kessel (A ola stuttgartense) e atópase ás beiras do río Neckar. Atópase a unha altitude de 207 metros sobre o nivel do mar. Elévase puntualmente polo Birkenkopf (511 m) e polo Wirtemberg (411 m) sobre o val do Necktar e polo bosque Heiner (395 m).

Planificación da rexiónEditar

A cidade está situada no centro da Rexión de Stuttgart. Á rexión perténcenlle ao norte as cidades veciñas de Esslingen, Göppingen, Ludwigsburg e Rems-Murr-Kreiss, así como o municipio de Heilbronn (ao norte de Stuttgart) e ao sur as cidades de Reutlingen e Tübingen. Todas estes municipios e outros lindeiros forman a rexión metropolitana de Stuttgart. A rexión metropolitana europea de Stuttgart tamén integra as cidades de Ditzingen, Filderstadt, Gerlingen, Korntal-Münchingen e Leinfelden-Echterdingen.

División da cidadeEditar

Distritos da cidade de Stuttgart:

 
  Stuttgart  
Distritos do interior
Stuttgart-Mitte, Stuttgart-Nord, Stuttgart-Ost, Stuttgart-Süd, Stuttgart-West
Distritos exteriores
Bad Cannstatt, Birkach, Botnang, Degerloch, Feuerbach, Hedelfingen, Möhringen, Mühlhausen, Münster, Obertürkheim, Plieningen, Sillenbuch, Stammheim, Untertürkheim, Vaihingen, Wangen, Weilimdorf, Zuffenhausen

PoboaciónEditar

 
Centro da cidade de Stuttgart.
 
Stiftskirche Stuttgart (igrexa evanxelista)

HabitantesEditar

Stuttgart excedeu en 1875 os 100.000 habitantes e converteuse na primeira gran cidade de Baden-Württemberg. En 1905 a cidade posuía 250.000 habitantes, que se dobraron ata 1950 (500.000 habitantes). No ano 1962 acada a máxima poboación da súa historia: 640.560. A 1 de xuño de 2008, o censo oficial dá como cifra de habitantes de Stuttgart 590.497, converténdose, tras Múnic, na segunda cidade máis habitada ao sur de Alemaña e a sexta en total.

RelixiónEditar

O 26% dos crentes confésanse como católicos, o 30% protestantes, a relixión musulmá acada o 11,3% da poboación e o resto do 33% confésanse doutras relixións ou confesións. Todos estes datos son do ano 2005.

HistoriaEditar

O distrito de Cannstatt constitúe a zona da cidade máis antiga e grande de Stuttgart. Ao século I d. C. remóntase unha cidadela romana, unha das posicións máis importantes na zona, ao estar situada na beira do Neckar e nun cruzamento de camiños. Coa invasión dos alanos no 260 d.C. finalizou a presenza romana en Stuttgart. Non existen tradicións en Cannstatt dos pobos bárbaros, que apareceron para quedar debido á situación estratéxica pero mantiveron nas colonias os costumes locais.

Presumibelmente, Stuttgart seguiu medrando durante as guerras húngaras entre o 926 e 948, sobre todo nos cortellos de cabalo (ou Stuotengarten, de aí o nome de Stuttgart). O crecemento da cidade atribúese ao conde Liudolf de Schwaben, despois do 945. Dende entón o crecemento foi cara aos lados dos nomeados cortellos.

A cidade atopábase preto dos criadeiros de cabalo do Condado de Baden, como tamén da cidade Backnang e Besigheim, pertencentes ao condado de Württemberg. Coa condesa Irmengard de Baden, os mosteiros de Lichtenhal permaneceron en Baden-Baden.

A marquesa de Baden atopábase ao oeste dos seus inimigos, os marqueses de Württemberg, máis tarde condes. Hermann V de Baden alzouse sobre a cidade en 1219. Logo foron os Württemberg os que tomaron a cidade, e unha dinastía despois contraían matrimonio e instalaron toda a pompa de Württemberg no centro da cidade. Até 1918 Stuttgart foi a capital e a cidade de residencia dos Württemberg. Até 1496 foi o condado de Württemberg, logo dos condes, até 1803, foi principado e dende 1806 até 1918 reinado de Württemberg, data na que pasou a ser o Estado libre de Württemberg.

A finais de maio de 1849, despois do rexeitamento a un congreso de deputados polo rei prusiano Federico Guillerme IV, trasladouse a Stuttgart a Asemblea Nacional de Frankfurt grazas a unha invitación do ministro de Xustiza Friedrich Römer, pertencente aos Württemberg.

 
Schlossplatz

O filósofo Friedrich Hegel naceu nesta cidade en 1770 e un dos escritores alemáns máis famosos, Friedrich Schiller, tamén viviu na cidade, sendo orixinario de Marbach am Neckar, a uns 30 km.

Importantes fitos acaeceron na cidade máis tarde no século XX. En 1927 os arquitectos Mies van der Rohe, Walter Gropius e Le Corbusier deseñaron o sector da cidade coñecido como Weißenhofsiedlung. Máis tarde, en 1945, a cidade é case totalmente destruída polos bombardeos perpetrados polos aliados mais pouco despois, en 1947 a cidade compite con Bonn e Frankfurt por ser a capital da Alemaña occidental, aínda que finalmente Bonn é a elixida. En 1983, entre 17 e o 19 de xuño reúnese en Stuttgart o Consello Europeo, asinando os Xefes de Estado e de Goberno e os Ministros de Asuntos Exteriores a Declaración Solemne sobre a Unión Europea (UE). En 1999 entre o 15 o 16 de abril Stuttgart volve acoller unha importante cita, a Terceira Conferencia Euromediterránea, coa participación de Libia por primeira vez coma invitado especial.

EconomíaEditar

 
Unha das moitas turbinas eólicas que colocan a Stuttgart á cabeza do desenvolvemento das enerxías renovábeis en Alemaña
 
Cidade Universitaria de Stuttgart

Daimler e Porsche teñen as súas centrais nos arredores do casco urbano. Gottlieb Daimler e Wilhelm Maybach construíron en Stuttgart o seu motor de combustión interna, que sumado á buxía de Robert Bosch (nado en Stuttgart) deu nacemento á industria do automóbil en Alemaña. O logo de Mercedes-Benz rota sobre a Estación Central dos Ferrocarrís (HBF) e sobre o edificio máis alto da fábrica de Untertürkheim de Daimler, onde traballan unhas 20.000 persoas.

Outros datos de intereseEditar

O proxecto Stuttgart 21 prevé transformar a estación ferroviaria central nun pasaxe soterrado para mellorar a conexión coa rede de tranvías. Con iso recupérase un lote de cen hectáreas no corazón da cidade, onde se planea construír edificios de vangarda.

Lugares de intereseEditar

  • O Castelo Novo (Neues Schloss) e o Castelo Antigo (Altes Schloss), situados na Praza do Palacio (Schlossplatz).
  • O castelo de Rosenstein (Museum am Rosenstein).
  • A Galería Nacional de Stuttgart (Staatsgalerie).
  • A Ópera Estatal de Stuttgart (Württembergisches Staatstheater Stuttgart).
  • O museo Mercedes-Benz.
  • O museo Porsche.
  • A Torre de Televisión (Fernsehturm Stuttgart).

Cidades irmandadasEditar

Stuttgart está irmandada coas seguintes cidades:

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
 
Berlín
 
Hamburgo
 
Múnic
1 Berlín Berlín 3 531 201 11 Leipzig Saxonia 531 809
2 Hamburgo Hamburgo 1 810 698 12 Dresden Saxonia 529 781
3 Múnic Baviera 1 378 176 13 Hannover Baixa Saxonia 525 875
4 Colonia Renania do Norte-Westfalia 1 017 155 14 Nürnberg Baviera 510 602
5 Frankfurt Hessen 691 518 15 Duisburgo Renania do Norte-Westfalia 488 005
6 Stuttgart Baden-Württemberg 613 392 16 Bochum Renania do Norte-Westfalia 373 976
7 Düsseldorf Renania do Norte-Westfalia 592 393 17 Wuppertal Renania do Norte-Westfalia 349 470
8 Dortmund Renania do Norte-Westfalia 580 956 18 Bonn Renania do Norte-Westfalia 327 913
9 Essen Renania do Norte-Westfalia 573 468 19 Bielefeld Renania do Norte-Westfalia 323 395
10 Bremen Bremen 548 319 20 Mannheim Baden-Württemberg 314 931
Datos do censo de 2011