Walter Gropius
Walter Adolph Georg Gropius, nado o 18 de maio de 1883 en Berlín e finado o 5 de xullo de 1969 en Boston, foi un arquitecto alemán[1], fundador da Bauhaus.
Walter Gropius | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Walter Adolf Georg Gropius |
Nacemento | 18 de maio de 1883 |
Lugar de nacemento | Berlín |
Falecemento | 5 de xullo de 1969 |
Lugar de falecemento | Boston |
Soterrado | Südwestkirchhof Stahnsdorf |
Nacionalidade | Imperio Alemán, República de Weimar, Alemaña nazi e Alemaña |
Ocupación | arquitecto, pedagogo, urbanista, deseñador e mestre |
Pai | Walter Gropius senior |
Cónxuxe | Alma Mahler e Ise Gropius |
Fillos | Manon Gropius |
Premios | Grã-cruz do Mérito com Estrela da Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha, Medalla de Ouro do RIBA, Prêmio Goethe, Ernst Reuter Medal, Albert Medal, honorary Royal Designer for Industry e Johann-Heinrich-Merck-Ehrung |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
As súas primeiras realizacións, antes da primeira guerra mundial como a fábrica Fagus, amosan a súa preferencia por unha arquitectura sinxela e lóxica arredada dos estilos históricos. Gropius fundou en 1919 a Bauhaus de Weimar, trasladada en 1925 a Dessau, e foi o seu director ata 1928. Escola e obradoiro ó mesmo tempo, a Bauhaus foi unha das creacións culturais máis significativas e trascendentes do período de entreguerras, caracterizábase polo traballo en equipo e a colaboración de mestres creadores, a combinación de programas teóricos e prácticos, a produción de obxectos en materiais ben variados con destino á industria, o que puña ós alumnos en contacto directo co mundo do traballo.
Tras deixar a dirección da Bauhaus, Gropius proxectou barriadas en Alemaña caracterizadas a distribución de unidades de moitos pisos distanciadas entre si. A partir de 1934 viviu en Inglaterra e nos Estados Unidos.
NotasEditar
- ↑ Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán)