Alma Mahler

Alma Mahler-Werfel, nada o 31 de agosto de 1879 como Alma María Margaretha Schindler en Viena e finada o 11 de decembro de 1964 en Nova York, foi unha compositora austríaca.

Alma Mahler
Alma Mahler 1899.jpg
Nome completoAlma Maria Schindler
Nacemento31 de agosto de 1879
 Viena
Falecemento11 de decembro de 1964
 Nova York
SoterradaGrinzinger Friedhof
NacionalidadeAustria e Estados Unidos de América
Ocupacióncompositora, pintora, biógrafa, modelo, escritora, música e coleccionista de arte
PaiEmil Jacob Schindler
CónxuxeWalter Gropius, Gustav Mahler e Franz Werfel
FillosManon Gropius e Anna Mahler
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Educouse na súa propia casa baixo a supervisión da súa nai, Emil Schindler, unha pintora de paisaxes. Casou con Gustav Mahler en 1902. Das súas dúas fillas, só sobreviviu Anna Mahler, escultora. En 1910, persuadíu a Mahler para seleccionar e publicar cinco das súas cancións. Publicou outras coleccións de cancións en 1915 e 1924, ano no que publicou a súa edición de cartas e o manuscrito facsímile da súa incompleta décima sinfonía. Nese momento mantiña unha relación co pintor Oscar Kokoschka, e casouse e divorciouse do arquitecto Walter Gropius. En 1929 casou co seu terceiro marido, o poeta e novelista Franz Werfel, con quen posteriormente fuxiu da Austria nazi a través de Francia, cara a América, chegando alí en 1940. En California Alma converteuse nunha anfitrioa da comunidade emigrada que incluía a Thomas Mann, Bruno Walter e Arnold Schoenberg. Mantivo un estilo de vida similar en Nova York despois da morte de Werfel en 1945 ata que morreu en 1964 e foi enterrada xunto á súa filla, Manon en Grinzing, preto de Viena.

A fama de Alma Mahler débese en primeiro lugar aos seus matrimonios e os seus affaires cos máis grandes artistas da súa época, o máis notable deles Gustav Mahler, de quen tomou o seu apelido. Como compositora, escribiu pouco e só se conservan dezaseis lieder.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Sadie, Julie Anne e Samuel, Rhian (1995). The Norton/Grove Dictionary of Women Composers. W. W. Norton & Company.

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.